Galicia é a Comunidade que lidera en agosto o maior descenso do paro rexistrado (- 1,23 %) . En Ourense descende un -2,09 %

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de agosto de 2016.

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en agosto en relación co mes anterior en 459 persoas, un salientable -  2,09 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a agosto do ano pasado, 2.112 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 8,96 %. 

O numero de parados queda en 21.452, deles 9.437 son homes e 12.015 mulleres, 20.302 son maiores de 25 anos e 1.150 menores.

Por sectores, 1.017 son da agricultura, 2.753 da industria, 2.414 da construción, 13.191 nos servizos e 2.077 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en agosto en 2.414 persoas con respecto a xullo (un – 1,23  %). Decrece nas catro provincias galegas. 

O número de parados queda en 193.045, deles 85.614 son homes e 107.431 mulleres, 184.104 son maiores de 25 anos e 8.941 menores.

Por sectores, 6.822 son da agricultura, 23.354 da industria, 21.733 da construción, 124.324 nos servizos e 16.812 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a agosto do ano pasado, 20.687 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,68 %. 

Galicia rexistra case tres anos de baixadas consecutivas interanuais.

En termos interanuais, volve diminuír, como nos últimos meses, en todas as variables:


Baixa nas catro provincias galegas (Lugo lidera a variación interanual cun descenso do -10,65%, seguida da provincia da Coruña cun -10,01%; Pontevedra cun -9,32% e Ourense cun -8,96%), nas sete grandes cidades e en todos os sectores, liderando o descenso a construción cun -17,90%, seguido da industria cun -14,48%

Baixa tanto en homes como en mulleres e en todos os tramos de idade, destacando o descenso unha vez máis nos menores de 30 anos nun -14,63%.

España:

O número de parados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego aumentou en agosto en 14.435 persoas en relación co mes anterior. Este incremento é inferior ao rexistrado o ano pasado ese mes, e á media do últimos oito anos (46.029 persoas).

Desta forma, a cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.697.496, a menor cifra rexistrada nun mes de agosto desde 2009. Deles 1.624.313 son homes e 2.073.183 mulleres. Son menores de 25 anos 284.985 e maiores 3.412.511 persoas.

En termos desestacionalizados, o paro redúcese en 24.462 persoas no mes de agosto. A variación mensual do paro desestacionalizado reduciuse en 39 dos últimos 40 meses.

No último ano o paro baixou en 370.459 persoas. Trátase da maior redución interanual rexistrada nun mes de agosto de toda a serie histórica. A taxa interanual de redución do paro acelerouse no mes de agosto alcanzando o 9,11%, o maior ritmo de descenso desde o ano 1999.

O paro entre os mozos menores de 25 anos redúcese en agosto en 2.500 persoas respecto ao mes anterior.

O paro rexistrado baixa en seis comunidades autónomas, entre as que destacan Galicia (-2.412), Canarias (-1.884) e Navarra (-707).

Pola contra aumenta nas 11 comunidades restantes destacando Comunidade Valenciana (6.451), Cataluña (4.424) e Madrid (3.159).

O paro rexistrado aumenta en todos os sectores económicos de procedencia dos traballadores. Nos Servizos en 18.431 persoas, en Agricultura e Pesca en 6.018, en Industria en 5.884, e en Construción 3.548 persoas. Entre o colectivo de persoas Sen Emprego Anterior o paro diminuíu en 7.410 persoas.


O número de contratos rexistrados durante o mes de agosto foi de 1.451.789, o maior número de contratacións de toda a serie histórica nun mes de agosto. 

Supón unha subida de 203.643, un 16,32% respecto de agosto de 2015. As contratacións de carácter indefinido, pola súa banda, rexistran un incremento do 30,94% sobre o mes de agosto de 2015, mentres que a contratación indefinida a tempo completo crece un 31,24%.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.