Coñecemos hoxe por medio da Secretaría de Estado da Seguridade Social os
datos de afiliación media á Seguridade Social correspondentes ao mes de
agosto.
OURENSE
A afiliación media á Seguridade Social alcanzou 101.943 ocupados en
agosto, tras aumentar en 969 persoas (0,96 %).
O Réxime Xeral conta con 76.369 persoas (deles 322 no Sistema Especial Agrario e 3.326 no Sistema Especial do Empregados do Fogar) e o de Autónomos conta con
25.574 persoas.
En termos interanuais, agosto pechou nesta provincia con 662 afiliados medios máis, o 0,65 %.
GALICIA
A afiliación media á Seguridade Social alcanzou 979.105 ocupados en
agosto, tras aumentar en 5.132 afiliados medios (0,53 %)
O Réxime Xeral conta con 740.284 persoas (deles 5.163 no Sistema Especial Agrario e 27.393 no Sistema Especial do Empregados do Fogar) , o de Autónomos con
217.242 persoas. O Réxime Especial do Mar incorporou 21.580 ocupados.
En termos interanuais, agosto pechou con 15.909 afiliados medios máis,
un 1,65 % .
Xa
son, ademais, 29 as subidas consecutivas desde abril de 2014 nas que Galicia
rexistra unha interanual positiva en termos de afiliacións.
ESPAÑA
A
afiliación media á Seguridade Social alcanzou 17.699.995 ocupados en agosto, o
que supuxo un descenso mensual de 144.997 persoas. O descenso da afiliación en
agosto é unha constante en toda a serie estatística.
O
Réxime Xeral diminuíu en 132.243 persoas (-0,91%), ata alcanzar os 14.436.705
ocupados.
A afiliación incrementouse sobre todo en
Actividades Sanitarias e Servizos Sociais, con 13.837 ocupados máis (0,97%) e
Hostalería, 11.855 (0,91%).
En sentido contrario destacan Educación, con -58.052; Industria
Manufactureira, -20.470; Actividades Artísticas, Recreativas e de Entretemento,
-12.921 e Construción, con -12.011.
Trátase de sectores que habitualmente se deteñen en agosto e logo
renovan a súa actividade en setembro.
En canto ao Sistema Especial Agrario experimentou un descenso de 18.932
afiliados (-2,57%), contando na actualidade con 719.007 afiliados medios. Pola
súa banda, o Sistema Especial do Empregados do Fogar rexistrou 3.432 persoas
menos (-0,80%), e suma 426.134 ocupados.
O Réxime de Autónomos conta con
3.191.697 persoas, tras rexistrar 13.330 ocupados menos (-0,42%). O Réxime
Especial do Mar incorporou 780 ocupados (1,15%), chegando a súa cifra de
ocupación a 68.695. Finalmente, o Carbón descendeu en 204 afiliados (6,57%).
A cifra de afiliados á Seguridade Social incrementouse en Asturias,
comunidade autónoma que sumou 1.775 afiliados (0,50%); Canarias, con 4.577
ocupados máis (0,63%); Cantabria, 1.535 (0,72%); e Galicia, que ncorpora 5.132
(0,53%). Ceuta e Melilla tamén incrementan a súa afiliación.
En termos interanuais, agosto pechou con 519.096 afiliados medios máis,
aumento que se debe en gran parte ao bo comportamento do Réxime Xeral que suma
489.117 traballadores. A súa taxa anual de crecemento continúa por encima do
3%.
No Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa
anual avanzou un 0,85%, o que se traduciu nun aumento de 27.022 persoas. O
Réxime do Mar aumentou un 5,94% (3.852) e o Carbón rexistrou un descenso de 894
persoas (-23,57%). En relación ao ano pasado a ocupación creceu en todas as
Comunidades Autónomas. Destacan Cataluña, con 108.762 afiliados máis (3,55%);
Comunidad de Madrid, con 84.333 (3,04%); Andalucía, con 74.547 (2,71%) e
Comunidade Valenciana, con 60.684 (3,71%).
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta