O positivo lema de campaña do PP de G: “En Galicia si”

Está mañá o noso secretario xeral, Miguel Tellado presentou o lema de campaña, que será “En Galicia si

Explicou que con el quérese salientar que o voto á candidatura de Feijóo é o único capaz de evitar os bloqueos, vetos e liñas vermellas que predominan na política nacional: “En Galicia si queremos ter un goberno forte, porque sabemos que a estabilidade política é un factor fundamental para ter resultados positivos para o noso país”, resumiu Tellado.

Tellado exemplificou que en Galicia si levamos once trimestres consecutivos de crecemento porque en si temos un goberno unido cun Plan Estratéxico definido ou que na nosa comunidade si se están reformando a metade dos centros de ensino público este verán porque si houbo fondos adicionais por cumprir cos obxectivos de déficit.

Así mesmo, salientou que en Galicia tamén se puido baixar o IRPF e suprimir o imposto de sucesións ao 99% dos contribuíntes porque “en Galicia si hai un goberno solvente que foi capaz de ser o que menos incrementou a débeda nestes anos”, ademais de que aquí si temos as taxas universitarias máis baixas do Estado e transporte interurbano gratuíto para a mocidade “porque en Galicia si que crecemos con bases sólidas como os récords de exportacións ou de turistas”.

“Mentres en España segue o ‘no es no’, nós dicimos que ‘En Galicia si’”, concluíu o secretario xeral do PPdeG, poñendo en valor que a cidadanía galega coñece as vantaxes e os resultados de ter contado cun goberno estable durante estes anos.


“En Galicia si temos na man asegurarnos un goberno responsable e evitar caer nas mans de políticos irresponsables como ocorre no ámbito nacional”, destacou Tellado.


O secretario xeral do PPdeG expuxo tamén o logotipo que acompañará a este lema, un ‘Feijóo’ co mapa de Galicia substituíndo á primeira o do apelido do candidato. “Un Feijóo co acento en Galicia”, sinalou Tellado, remarcando que “contra o que algúns prognosticaban e mesmo desexaban” Feijóo puxo Galicia primeiro e “segue en Galicia para evitar que caia nunha crise política” despois de sacala da crise económica.

Parabens polo acertado lema de campaña do PP de G.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.