jueves, 1 de septiembre de 2016

Galicia rexistrou en xullo máximos históricos con 730.053 viaxeiros aloxados e máis de 1.704.585 pernoitas

Destaco que hoxe foi presentado no Consello da Xunta un informe segundo o cal a nosa comunidade rexistrou 730.053 viaxeiros e 1.704.585 pernoitas no pasado mes de xullo, superando nun 7,4% e nun 13,5%, respectivamente, as cifras de 2015 e acadando máximos históricos neste primeiro mes do verán.

Resulta que os tres grandes segmentos de mercado –interno, receptor nacional e internacional acadaron neste pasado mes de xullo cifras históricas tanto de viaxeiros como de pernoitas.

Destaca o crecemento do turismo nacional que superou nun 15,4 % o nivel de pernoitas do pasado ano. É salientable o crecemento do mercado madrileño –principal mercado emisor nacional- que incrementou nun 30% os niveis de xullo de 2015.

Pola súa parte, o turismo internacional rexistrou un incremento do 7,8%, neste caso. Destacan os incrementos rexistrados polo turismo portugués – segmento que subiu un 30%- e o turismo francés –que rexistrou unha suba do 20% neste caso-.

En termos de ocupación, Galicia mellorou os niveis acadados en xullo do pasado ano, en máis de cinco puntos porcentuais. É o cuarto ano consecutivo no que a nosa comunidade rexistra un incremento neste inicio do verán.

Salienta a Xunta que o incremento dos niveis de demanda e ocupación permitiu mellorar os niveis de rendibilidade en relación ao mesmo período de 2015 subindo o RevPAR un 8,3%. Así mesmo, tendo en conta as cifras de ocupación e as tarifas medias aplicadas nos hoteis e pensións de Galicia, estímase que o ingreso total do sector do aloxamento – por habitación dobre en réxime de AD- foi de 38,8 millóns de euros no mes de xullo, cifra que supera nun 11,5% o dato do pasado ano.

Deste xeito, en termos absolutos o sector hoteleiro incrementou os seus ingresos en catro millóns de euros en relación con xullo de 2015.

Desde o Clúster de Turismo de Galicia realízase unha valoración cualitativa moi positiva da demanda turística rexistrada no verán, destacan o salto de calidade e a mellora da profesionalización da nosa comunidade como destino. Así mesmo, resaltan un perfil de turistas máis exixente e de calidade e un incremento de estranxeiros, tanto nas provincias de interior como, especialmente, no litoral. 

Por outra parte, o sector destaca a importancia de grandes eventos como La Vuelta, os festivais musicais ou O Marisquiño, entre outros, como dinamizadores directos da demanda turística no verán e escaparates excepcionais para a promoción internacional do destino.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta