Eleccións 25-S: Feijóo: “ningún galego foi derrotado, toda Galicia gañou"

Viaxo esta mañá a Santiago de Compostela para asistir ao Comité de Dirección do PPdeG, no que o presidente, Alberto Núñez Feijóo, fixo un primeiro balance do resultado electoral.
Asegurou que “o sentidiño nos permitiu sempre orientarnos e orientar ao noso pobo en momentos de dificultades”, remarcando que, a partir de hoxe, esta mensaxe debería ser entendida polos responsables do bloqueo da política española.
Con rotundidade afirmóu que onte “ningún galego foi derrotado, toda Galicia gañou. ë a nosa casa e nela caben todos”, engadindo que será presidente de todos galegos.

De igual xeito, dirixiuse aos responsables da oposición para trasladarlles  o seu interese de acertar nas decisións xa que ese é o obxectivo de Galicia. “Galicia precisa de todos, esta é a nosa casa e na casa cabemos todos”, dixo.

Nese senso, recalcou que a nosa comunidade dixo si ao seu futuro e, por iso, “hoxe o futuro só depende de nós”. Nesta liña, afirmou que Galicia vai a ter un goberno estable, un activo desde o punto de vista social e económico, de moderación, acción e da palabra. “Galicia volve outra vez acreditar que non é nunca un problema para España senón que pode ser unha solución”, manifestou.

“As urnas falaron por si mesmas dunha forma clara e nítida” declarou tamén o líder do PPdeG namentres indicaba que hoxe Galicia segue tendo goberno, presidente e un grupo maioritario na Cámara que é o responsable máximo ante os galegos de cumprir o programa electoral que onte foi elixido onte nas urnas.

Igualmente, salientou que todos os galegos mandaron unha mensaxe de que a nosa comunidade “siga camiñando, transformándose, avanzando e se poñan en valor os froitos que se foron sementando en épocas de vacas fracas”.

Nese sentido, indicou que durante estes anos Galicia quixo estabilidade, xestión e decisións; así como ter unha economía máis forte e con máis crecemento, que é base do emprego no que, á súa vez, se basean os servizos públicos e sociais.

Tras agradecer o excepcional comportamento de todo o seu partido, recordou que lograr o acadado onte era moi difícil como consecuencia da situación política actual, a volatilidade política, a dispersión do voto e a configuración de novos partidos; entre o que destacou a Ciudadanos, que se posicionaba no mesmo espectro ideolóxico de centro reformista e que supoñía unha profunda disección do voto que dificultaba a maioría estable.

Feijóo tamén lembrou o feito de que moitos socialistas non podían estar de acordo con que o seu partido se entregara ao populismo das mareas. Tal e como recoñeceu, o obxectivo dos populares era ensanchar as bases do seu electorado, chegar a moita xente que, tan só 90 días antes, dera o seu voto a Ciudadanos; e tamén a moita xente que non estaban de acordo que o PSdeG renunciara case dende o principio a ser primeira forza da oposición.

Deste modo, destacaba que os populares tiveron éxito porque non se trataba de siglas ou partidos, senón de estabilidade ou inestabilidade; de goberno ou dunha subasta dos cargos da Xunta; e dunha política económica ou un programa orfo de plantexamento económico solvente.


Rematado o Comité, tivemos a oportunidade de felicitar a Feijóo, que non dubidou en facerse unha foto, entre outros cos candidatos electos pola provincia de Ourense, a mellor de todas en apoio o PP de G.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.