Participo hoxe, as cero horas, no Parque de San Lázaro de Ourense no
tradicional acto de pegada de carteis co
que se deu inicio á campaña electoral
das eleccións autonómicas do 25-S.
Marisol Díaz Mouteira, a nosa cabeza de lista foi a
primeira en pegar o cartél, seguida do presidente provincial do PP, Manuel
Baltar, do candidato Miguel Santalices e do alcalde Jesús Vázquez, sendo acompañada por
un amplo número de simpatizantes e de militantes.
O Partido Popular de Ourense marcase tres obxectivos fundamentais: conseguir que Alberto Núñez Feijóo sexa presidente da Xunta por terceira vez e a única das 17 autonomías con maioría absoluta, coa aportación, como mínimo, de oito dos catorce deputados a elixir por Ourense e traballar para conseguir o noveno representante popular.
O PP, dicía onte Manuel Baltar, “fará unha campaña construtiva, para falar de Ourense, de Galicia, do que fixemos e do que faremos, cousa que outros non poden dicir”. “Saímos a gañar, cun discurso en positivo, no que ninguén escoitará mentiras, descualificacións ou falacias, porque temos realidades que contar, cunha cabeza de lista que sabe xestionar diñeiro público, cun equipo perfectamente identificado coa idea de Ourense e un programa que será realidade”.
O noso secretario xeral Rosendo Fernández, pola súa parte destacaba que “esta será unha campaña intensa, cun programa con máis de 300 actos organizados polas 92 xuntas locais do partido na provincia. Así, a caravana electoral do PP percorrerá todas as comarcas, sen esquecer os máis de dez mítines que se desenvolverán en distintos puntos da cidade."
En a mesma hora en A Coruña, o presidente Alberto Núñez Feijóo, pedía aos galegos participación e unir forzas nun proxecto común porque “merece a pena que Galicia sexa unha excepción para seguir crecendo e creando emprego; para seguir cumprindo cos deberes ao tempo que se inviste máis en comunicacións, servizos públicos e en futuro; e para que os investidores sigan confiando en Galicia, tal e como sucede no sector naval, no da automoción, na aeronáutica e no lácteo.”
E asegurou que non se presenta como candidato cunhas siglas, senón como militante de Galicia e presidente de todo o que os galegos teñen en común. Ademais, non propón un partido con maioría no goberno senón un goberno da gran maioría dos galegos.

Por iso, non pide só o voto para o día das
eleccións, senón que busca que Galicia estea unida cada día “porque xuntos é
como avanzamos e xuntos é como acadamos as metas”, sentenciou.
Así, en aras dese proxecto común, Feijóo pediu o voto dos cidadáns para unir forzas para un gran pacto entre o rural e o urbano e para un gran pacto entre os galegos de diferentes xeracións.