sábado, 10 de septiembre de 2016

Eleccións 25-S: No multitudinario mitin do PPdeG en Pontevedra

Asistin esta tarde na Praza de Touros de Pontevedra ao gran mitin do PP onde dous grandes "espadas" interviron díante de 10.000 persoas que ateigaban o recinto. O presidente do PP, Mariano Rajoy, e o do PPde G Alberto Núñez Feijóo.

Antes tamén faltaron os presidentes provinciais. 

Feijóo manifestou que non desexa para Galicia “nin un goberno á catalana, como queren os nacionalistas; nin un goberno á valenciana, como quere Podemos; nin goberno á madrileña, como quere Ciudadanos; nin un goberno paralizado á española como provocan todos xuntos”.

“Galicia non ten por que quedar obstruída, andar nos líos dos demais partidos, meterse en enredos que non solucionan nada, reproducir a parálise política que hai en España ou andar perdendo o tempo e o diñeiro”, sinalou.

Neste sentido, dixo que aquí non se fixo todo isto e por iso agora imos mellor que a maioría das comunidades autónomas, algo que permite seguir sumando feitos e seguir buscando as solucións. “Galicia pode seguir avanzando”, engadiu.

Na súa intervención, subliñou que a nosa comunidade pode seguir sendo o exemplo, a guía e o camiño para o resto do país; seguir crecendo e creando emprego; ser o destino de maior confianza para os que queren investir; ou ser o lugar que mellor e maior benvida da aos rapaces que nacen.

O Presidente do PPdeG salientou que “en Galicia si cumprimos co noso deber, e por iso agora podemos investir máis en futuro, en infancia e en mocidade; en Galicia si sabemos dar prioridade ao importante, e por iso agora podemos volcarnos aínda máis nas familias e nos fogares; en Galicia si somos responsables, e por iso agora podemos aumentar as prestacións na sanidade pública, na educación pública e nos servizos sociais”.

Ademais, apuntou que en Galicia si somos de fiar, si somos rigorosos, e por iso se puideron baixar os impostos durante a recesión económica co obxectivo de continuar baixándoos; e que aquí “si hai estabilidade, e por iso agora podemos avanzar”.

Respecto da súa candidatura á Presidencia da Xunta, Feijóo indicou que “estou aquí porque sei o que significa presidir e gobernar Galicia, sei que se precisa de dedicación exclusiva; se precisa de experiencia, de estabilidade, de programa, de equipos, de antepoñer o deber a calquera outra cousa”. “Galicia é unha paixón que ou se sinte ou non se sinte”, aseverou facendo fincapé en que todo iso el pode ofrecerllo ás galegas e aos galegos.

“Estou aquí porque quero á miña terra, como a gran maioría dos galegos a queren”, afirmou incidindo en que quere un porvir para os galegos que nos han suceder: polos que reciben a tarxeta Benvida, polo que dan agora os seus primeiros pasos nunha gardería, polo que irán a clase con máis profesores por alumno de todas as comunidades autónomas, polos que teñen agora máis opcións para estudar FP, polos que cursan a universidade coas taxas máis baixas, polos que se lles resiste atopar un primeiro emprego ou polos que comezan a formar a súa nova familia.

Neste sentido, engadiu que “quero axudar a todos os galegos e galegas”, amosando tamén o seu recoñecemento aos maiores, ademais de querer colaborar nas pequenas vitorias que se buscan e se acadan en cada un dos fogares, “porque esas pequenas vitorias son as grandes vitorias de Galicia. Para esas pequenas vitorias estamos aquí”.

“Son militante de Galicia, porque é perfectamente compatible con ser militante do PP”, recoñecía Feijóo mentres sinalaba que el é candidato grazas ao seu partido.

Durante o acto, no que os asistentes cantaron ao líder do PPdeG a tradicional canción para felicitarlle o seu aniversario, Feijóo tamén recoñeceu que, mentres algúns só din non, os populares din si. “Galicia sempre di si. Galicia si”, sentenciou.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta