lunes, 12 de septiembre de 2016

Eleccións 25-S: de campaña en Ceboliño e Barbadás

Onte  Partido Popular de Ourense celebrou os seus primeiros mitines de campaña. Trives e Maceda, foron os principais destinos da candidata Marisol Díaz, que foi arropada polo presidente provincial Manuel Baltar e a conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez,

Eu pola mañá acompañei a candidata Marta Rodríguez Vispo a un mitín en Ceboliño, no Concello de Ourense. Un acto que foi presentado pola presidenta do Distrito do PP Amelia Belmonte. 

Marta Vispo, actual deputada autonómica, fixo repaso ao labor de goberno de Fejóo nos últimos catro anos destacando o esforzó no saneamento das contas públicas que foi a base don afianzamento do estado do benestar, asegurando a educación e a sanidade pública e os servizos soiciais.

Falou logo o alcalde de Ourense, que pediu o voto aos veciños, necesario para completar o proxecto de país que o PP e Alberto Núñez Feijóo representa, destacando que - con todos os respetos -  non hai outra alternativa etable, agás unha coalición de todos á contra do PP. Jesús Vázquez destacou o apoio prestado ao Concello pola Xunta que preside Feijóo, axundando a impulsar proxectos que doutro modo estaría adiados.

E pechou o mitín a conselleira Ethel Vázquez que repaosu as acción do seu departamento na cidade e loubou a figura do presidente Feijóo destacando del a sua entrega a Galicia.


Logo pola tarde acerqueime a Concello de Barbadás acompañando a outros candidados da nosa lista: José González Vázquez, Cesar Fernandez Jackelin Fernandez e José Parente. E na compaña da conselleira Ánxeles Vázquez mantivemos un econtro con militantes e cargos públicos do PP neste Concello.

Chelo Vispo, a nosa voceira municipal, explicounos o labor de oposición do noso partido neste Concello e os problemas que lles afectan así como os investimentos que a Xunta ten realizado e realiza. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta