Coñecemos hoxe que os aeroportos da rede de Aena rexistraron 25.673.872 pasaxeiros en xullo, o que supón un crecemento do 11,1% con respecto ao mesmo mes de 2015. Este incremento vese favorecido polo excelente desenvolvemento do sector turístico neste exercicio.
Do total de pasaxeiros, 25.599.748 corresponden a pasaxeiros comerciais, dos que 18.800.415 foron de voos internacionais, un 13,4% máis que en xullo de 2015, e 6.799.333 de voos nacionais, un 5,3% máis.
No primeiros sete meses do ano o tráfico creceu un 11,6% e sumou 129.573.756 pasaxeiros no conxunto da rede de Aena.
Polo que respecta ás tres terminais de Galicia, estes son os datos:
O Aeroporto de Santiago continúa a senda de crecemento no mes de xullo e rexistra máis de 261.000 pasaxeiros e máis de 2.000 operacións.
Durante xullo, 261.524 persoas elixiron o Aeroporto de Santiago para realizar os seus desprazamentos, un 3,1% maís que no mesmo mes de 2015. Do total de pasaxeiros comerciais (261.147), 186.301 realizaron voos nacionais, un 6,4% maís, e 74.846 internacionais.
En canto ás operacións, en Lavacolla rexistráronse 2.094 voos. De estos, 1.881 foron voos comerciais, correspondendo 1.337 a voos nacionais e 544 a internacionais.
No que vai de ano pasaron polo Aeroporto de Santiago 1.421.174 pasaxeiros (un 13,4% máis que en 2015), 12.264 aeronaves (un 6,7% máis) e 1.255 toneladas de mercancía.
O Aeroporto de Vigo continua crecendo e rexistra no séptimo mes do ano un trafico de máis de 100.000 viaxeiros e algo máis de 1.200 aeronaves.
Durante o pasado mes, 101.940 persoas elixiron o Aeroporto de Vigo para realizar os seus desprazamentos, un 28% máis que no mesmo mes do ano anterior. Destes viaxeiros, 101.737 utilizaron voos comerciais, dos que 90.559 fixérono en traxectos nacionais (un 21% máis) e 11.178 en internacionais (un 135,6% máis).
En canto ás operacións, en Peinador rexistráronse, ao longo do mes de xullo, 1.217 voos (un 19,2% máis que en xullo de 2015), dos cales 999 foron voos comerciais (27,7% máis). De estos, 812 movementos foron operacións nacionais e 187 internacionais.
No que vai de ano, polo Aeroporto de Vigo pasaron 542.437 pasaxeiros (un 38,3% máis que no mesmo período do ano anterior), 6.435 aeronaves (un 17,3% máis que nos mesmos meses de 2015) e 304 toneladas de mercancía.
O Aeroporto de A Coruña rexistrou en xullo de 2016 un total de 104.349 pasaxeiros, un 4,1% mái que no mesmo mes do ano anterior. Destes viaxeiros, 103.342 utilizaron voos comerciais (un 4% máis), 92.237 traxectos nacionais e 11.105 internacionais.
En canto ás operacións, en Alvedro rexistráronse 1.605 voos, dos cales 935 foron voos comerciais (un 1,7% máis). Destes movementos, 797 foron operacións nacionais e 138 internacionais.
O tráfico de mercancías moveu na terminal corunñesa máis de 13 toneladas durante o séptimo mes do ano, un 12,4% máis que no mes de xullo de 2015.
No que vai de ano, polo Aeroporto de A Coruña pasaron 603.513 pasaxeiros (un 2,5% máis que no mesmo período do ano anterior), 8.803 aeronaves (un 0,4% máis que nas mesmas datas de 2015) e 107 toneladas de mercancía (un 39% máis que nos sete primeiros meses do pasado ano).