viernes, 12 de agosto de 2016

Comeza en Áncora a promoción de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico

Viaxo onte ata a localidade lusa de Vila Praia de Áncora, para participar nun acto de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que comezaba a promoción da súa próxima edición, a décimo oitava, participando como convidado especial representando a gastronomía galega no Festival Gastronómico do Bife de Espadarte (peixe espada), na citada Vila que se celebra ata o vindeiro domingo día 21. 

Ao acto de inauguración deste evento asistiron o alcalde do Municipio de Caminha, Luís Miguel dá Silva Mendonça Alves, que destacou que o festival "celébrase na vila máis galega de Portugal" xa que segundo os seus datos un 40% da poboación descende dos pescadores galegos que iniciaron hai séculos alí esta actividade; o vicepresidente da entidade de Turismo Porto e Norte, Jorge Magalhaes,  que aproveitou a ocasión para anunciar oficialmente a participación deste organismo na próxima edición de Xantar; e o organizador do certame, António Cunha, quen deu as grazas aos participantes polo principal éxito deste festival  "antes, os turistas que se achegaban ata Âncora non podían degustar o espadarte (peixe espada) en ningún restaurante, pero hoxe numerosos establecementos ofértano nas súas cartas, o que supón unha revalorización dun produto típico da rexión e incentiva a economía local". 

A presentación de Xantar correu a cargo da directora de Relacións Internacionais de Expourense, Emma González, quen agradeceu a implicación das entidades públicas e privadas portuguesas coa feira galega e lembrou que "Xantar é a única feira internacional oficialmente acreditada, que existe en España, especializada en turismo gastronómico". 

Tamén estivo presente Sandra Pontedeira, deputada da Asemblea da República de Portugal, así como outras autoridades locais.

Expourense e Xantar levan tres anos consecutivos representando a Galicia neste Festival que se celebra cada ano para mediados do mes de agosto. Esta acción é unha máis das que Expourense promove no campo de cooperación transfronteiriza na Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal, e dun modo especial en base ás relacións co principal partner que é a Entidade de Turismo, Porto e Norte. Xantar promocionou a súa próxima edición que terá lugar entre o 1 e o 5 de febreiro de 2017 e na que Portugal volverá ser un dos protagonistas, fomentando así o turismo de proximidade. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta