A loita contra a criminal acción incendiaria

Nas conversacions destes días en Galicia o tema recurrente foron e son os incendios forestais que moitos viviron en directo, que oturos sentiron vendo os ceos cubiertos de fume e que todos coñecimos a través dos medios de comunicación. 

Indignación por unha criminal acción incendiaria que puña en perigo a persoas - moitas delas  anciás - e as súas propiedades, ademáis do patrimonio común, o monte

Lembrar que desde o pasado martes día 9 ata a mañá de onte producíronse 193 lumes

Onte nunha visita ao Centro de Coordinación Central de Incendios para avaliar a situación relativa aos lumes, Alberto Núñez Feijóo reiterou o recoñecemento ás persoas que están sufrindo directamente os lumes, a quen trasladou que Galicia está unida ao seu carón e seguirá ao seu carón nas próximas semanas para avaliar conxuntamente as consecuencias dos danos producidos.

Así mesmo, destacou e trasladou o recoñecemento a todo o operativo de extincións, “ás 7.000 persoas que están traballando con profesionalidade, desde os técnicos deste centro de coordinación ata os reténs, brigadas, pilotos, bombeiros, protección civil, policía, garda civil e exército. Todos eles están a traballar cunha grande eficacia: porque están priorizando, antepoñendo a vida das persoas e as súas vivendas, e tomando decisións acertadas en todo momento; porque están conseguindo controlar nuns tempos moi razoables os grandes incendios e porque están tamén apagando de forma inmediata moitos conatos”.

Neste mesmo sentido, afirmou que a Xunta comezou xa hoxe os traballos de avaliación de danos para poder reparalos no menor tempo posible. “Comezamos xa a traballar nunha liña de axudas para restituír os danos, tanto os que sufran as persoas afectadas como dos montes afectados”, explicou, subliñando que Vicepresidencia, Facenda, Medio Ambiente e Medio Rural xa están a traballar para arbitrar as respostas que sexan necesarias, coa instrución de liberar os recursos precisos para que neste mes de agosto se poida empezar a habilitar créditos e procedementos para reparar os danos sufridos durante esta semana.

Uns incendios que arrasaron nestes días a outros países europeos e singularmente á nosa veciña Portugal. Neste caso con graves consecuencias e, en especial, polas tres vítimas mortais do incendio na illa de Madeira.

O noso pesar polas perdas humanas e materiais causadas e como expresaba o goberno de España total solidariedade e máxima proximidade ao pobo e as autoridades portuguesas. 

Convén destacar a colaboración do noso país con Portugal para acabar con esta secuela que non entende de fronteiras.

Así  o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente , por exemplo colabora desde fai seis días , na extinción do incendio declarado no distrito de Viana do Castelo en Portugal. Alí enviáronse 2 avións anfibios de 6.000 litros de descarga das bases de Talavera la Real en Badaxoz e de Matacán en Salamanca. Avións que tiven ocasión de ver en acción en Caminha o pasado xoves, apagando ese enorme incendio.

Agardemos que remita esta actividade incendiaria.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.