Unha lexislatura positiva para Valdeorras

Da actualidade política de hoxe destaco que os deputados ourensans do Grupo Popular, Moisés Blanco e Miguel Santalices fixeron hoxe en O Barco balance da actuación do goberno de Feijóo na área de Valdeorras destacando que a “lexislatura foi altamente positiva para Valdeorras onde os asuntos principais que afectan aos nosos veciños e veciñas estiveron presentes no Parlamento e na política da Xunta de Galicia”.

Moisés Blanco destacou que no ámbito da industria, no sector da pizarra “sentamos as bases para a legalización de todas as explotacións mineiras, se destinaron máis de 0,8 M€ para a promoción da lousa , creouse o Clúster da Pizarra de Galicia ao que apoiamos con máis de 1,3 M€ ,se firmou un convenio para a promoción da pizarra galega dotado con 145.000 €, entre outras actuacións u se mobilizaron 7,4 M€ en apoios ás explotacións de pizarra cos sucesivos programas Renove, entre outras actuacións”.

O deputado popular destacou que “o goberno de Feijóo cumpre o compromiso adquirido de baixar o prezo do solo industrial e,xunto a outras liñas de axuda do Plan Impulsa Ourense e do IGAPE mellora as condicións para novos proxectos emprendedores para xerar emprego na comarca”. Así, indicou, “o prezo das parcelas do Parque Empresarial de A Raña o metro cadrado pasará dos 70 euros actuais a 56 euros sin bonificación e 28 € con bonificación por metro cuadrado e, ademais, con novas condicións coa adxudicación de parcelas en réxime de dereito de superficie, semellante a un alugueiro e con dereito a compra”.

COMPROMISO SANITARIO NUN GOBERNO ESTABLE

“Un Goberno estable, lonxe de liortas e que se dedicou a traballar, permitiu nun momento de crise apostar polo sistema sanitario, coa construción de novos hospitais e o compromiso asistencial, e de protección social” indicou o deputado e presidente do Parlamento de Galicia Miguel Santalices na rolda de prensa.

Miguel Santalices indicou que “nunca se falou tanto da Comarca no Parlamento e como nesta Lexislatura e en tono positivo que ten un Hospital comarcal de primeira e con profesionais de primeira”.

En referencia ao Hospital Moisés Blanco destacou a instalación do novo TAC por importe de 470.000 €, a mellora do equipamento por 110.959 € e as melloras asistenciais relevantes referidas a novas especialidades e ampliación da carteira de servizos.

Moisés Blanco tamén fixo referencia na súa intervención á petición do Parlamento de Galicia da petición de manter unha “tasa cero” sobre o viño en materia de imposición as xestións contra as sancións aos viticultores ou as axudas ao Consello Regulador de Valdeorras dun total de 719.825 € do 2012 ao 2015.

O deputado popular recoñeceu “o traballo dos profesionais contraincendios” e condenou os “atentados contra o patrimonio natural galego” animando a colaborar coa xustiza e que todo o peso da lei recaiga sobre os responsables. Destacou, así mesmo, que a base contraincendios de O Barco de Valdeorras pasará a ter un helicóptero na base de Vilanova.

No apartado social Moisés Blanco destacou a subvención de 430.000 € no 2009 para a construción do centro ocupacional e residencia de Asfaval, as próximas obras de mellora no centro sociocomnitario por valor de 25.000 €, os 378.000 € a través do Plan Concertado ou o 1.363.801 € a través do SAF Dependencia, entre outros.

A petición de difundir a figura do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán ou a petición de declaración de festa de interese turístico de Galicia a “Festa do Botelo”, o recoñecemento na nova Lei do Patrimonio Cultural de Galicia ao Camiño de Inverno como ruta oficial ou a petición do impulso a construción da A-76 entre Ourense e León facéndoa compatible coa protección do medio ambiente, foron outras das iniciativas resaltadas por Moisés Blanco en referencia aos asuntos referidos a Valdeorras tratados durante o goberno de Feijóo.

Certamente esta lexislatura autonómica que rematou foi moi fructífera en Valdeorras.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.