sábado, 6 de agosto de 2016

Feijóo en Cenlle: " O noso proxecto é un punto de encontro entre os galegos

Esta mañá tivemos reunión da Xunta Directiva do Partido Popular de Ourense, na área termal de Barbantes Estación, en Cenlle, convocatoria que contou coa presenza do presidente do PPdeG e candidato á presidencia da Xunta, Alberto Núñez.

O presidente do , Manuel Baltar, pediu  “una riada de votos” para que o 25 de setembro Alberto Núñez Feijoó consiga a súa terceira maioría absoluta á fronte do goberno galego, obxectivo no que os populares ourensáns terán un papel fundamental xa que, engadiu, “non creo que haxa ninguén que dubide que Ourense será a provincia con maior respaldo electoral ao PP”.

Baltar amosou a súa máis abosluta confianza en que o PP de Ourense, “como forza centrista, galeguista e reformista repetirá os resultados obtidos en 2009 e 2012, mantendo os oito deputados conseguidos, para o que contamos co mellor candidato posible”, dixo, agradecendo a Núñez Feijoó que se puxera de novo a disposición do partido e de Galicia.

A importancia destas eleccións, apuntou o presidente provincial, radica na vital colaboración entre as administración, na sintonía entre os gobernos “como temos en Madrid, en Santiago e nos 68 concellos da provincia nos que gobernamos”.

A fortaleza do PP de Ourense, sinalou, “está na solidez dun partido estable, coordinado e perfectamente preparado para posicionarse electoralmente, pero non só cando se convocan aos cidadáns ás urnas”. Nesta liña, Manuel Baltar fixo una chamada ao traballo afirmando que “non somos un partido de vacacións e non hai momento no que non deixemos de lembrar cales son as nosas propostas”.

Este labor continuo dos populares ourensáns, afirmou,  “é o que nos situou como a segunda provincia de España en apoio porcentual ao PP”. 

Outras forzas políticas están en perigo de extinción ou extinguidas, lamentou Baltar, “pero a nós o único que nos debe importar é a nosa  fortaleza, a capacidade de cambiar este país, e un ourensán, Feijoó, que ten folgos suficientes para conseguir una terceira maioría e ser referente a nivel nacional”.

Alberto Núñez Feijóo, propuxo acadar unha maioría excepcional para que Galicia siga sendo excepcional en estabilidade e responsabilidade política. 

Feijóo fixo fincapé en que só hai unha forza en Galicia capacitada para estar “ao que ten que estar”, en condicións de ofrecer ese proxecto aos galegos, e que pode garantir a estabilidade que precisa o país sen perder un minuto: o Partido Popular de Galicia. Por iso, dixo que o obxectivo dos populares é defender os intereses xerais de Galicia e os de moitos galegos que, por enriba de partidismos, non queren líos senón solucións, avances e un proxecto que os beneficie.

Ademais, apuntou que as grandes vitorias non se teñen que limitar a unha vez cada catro anos senón que teñen que ser as pequenas vitorias cotidianas en cada fogar: para que as familias galegas poidan ter emprego e chegar a fin de mes con menos dificultades, así como disfrutar dun maior benestar con máis sanidade e educación públicas e máis servizos sociais.Tamén destacou a importacia de que a vitoria sexa que as nais e pais sintan que teñen a un goberno ao seu carón no coidado dos seus fillos, e que estes teñan un futuro máis despexado con máis oportunidades para poder dicirlle algún día aos máis novos que foron parte activa de que teñamos un mellor país porque contamos con eles.“E para acadar esas vitorias e máis vitorias como esas non vale para nada outra cousa que non sexa a unidade, a estabilidade, o respecto á pluralidade e a busca do ben común”, dixo insistindo en que  por iso é polo que quere seguir presidindo a nosa comunidade.