Os trens Avant entre Ourense, Santiago e A Coruña se sitúan no posto primeiro de incremento de viaxeiros no ránking dos servizos Avant

Hoxe Renfe informa que os trens Avant entre Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña rexistraron un incremento de usuarios dun 55,2 % durante o primeiro semestre do ano, chegando aos 309.700 pasaxeiros fronte aos 199.600 do mesmo período do ano anterior.

Os trens Avant entre Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña se sitúan no posto primeiro de incremento de viaxeiros no ránking dos servizos Avant; detrás séguelle o Avant Madrid-Toledo. 

O servizo Avant en Galicia comenzou a funcionar en decembro de 2011. Préstase desde entón con trens a serie 121, fabricados por CAF- Alstom, que son de ancho variable e foron especialmente desdeñados para cubrir os servizos de Media Distancia por vías UIC e convencionais. 

Este tren, ten un total de 280 prazas, en clase única turista, máis dous adicionais para persoas con mobilidade reducida e proporciona un maior confort e calidade ao viaxeiro. O S-121 conta, ademáis, con tomas de electricidade en todos os asentos así como cunha zona de máquinas  de venda de bebidas e snacks. 

Na actualidade, doce servizos, seis por cada sentido, cobren este traxecto a diario, máis outros dous servizos a maiores en días alternos; Ademáis, durante o curso académico, e para dar resposta a demanda que se xera, ponse en circulación un servizo extra, por sentido, entre Ourense e Santiago de Compostela. 

Desde o pasado mes de abril, os usuarios dos abonos dos servizos Avant sumáronse ao programa de +Renfe e os clientes titulares deste cartón de fidelización xa acumulan puntos pola compra dos abonos para estes servizos. 

Estes datos son moi satisfactorios e esperanzadores e acreditan como cando as infraestruturas son de calidade e os servizos adecuados, os cidadáns utilizan cada día máis o ferrocarril.

E tamén debemos celebrar que se facilitan as relacións entre o norte e o sur de Galicia.

Parabéns a Renfe, especialmente aos seus xestores en Galicia.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.