España recibe 9,6 millóns de turistas internacionais en xullo, un 9,3% máis que no mesmo mes de 2015

Difunde hoxe o INE a Estatística de Movementos Turísticos en Fronteiras (FRONTUR) que acredita como principal dato que España recibiu en xullo a visita de 9,6 millóns de turistas internacionais, un 9,3% máis que no mesmo mes de 2015.

Reino Unido é o principal país de residencia, con 2.197.808 turistas, o que representa o 23,0% do total e un incremento do 11,4% respecto de xullo do ano pasado. Francia e Alemaña son os seguintes países de residencia con máis turistas que visitan España en xullo. Francia achega 1.523.837 (un 13,8% máis) e Alemaña 1.277.846 turistas (un 3,5% máis en taxa anual). 

Entre o resto de países de residencia cabe destacar os crecementos anuais dos turistas procedentes de Portugal (19,8%), Resto de América (19,8%) e Resto do mundo (15,8%).

Nos sete primeiros meses de 2016 o número de turistas que visitan España aumenta un 11,1% e chega aos 42,4 millóns. Os principais países emisores no que vai de ano son Reino Unido (con 10.145.091 turistas e un incremento do 15,3% respecto dos sete primeiros meses de 2015), Alemaña (con 6.272.370 turistas e un crecemento do 6,0%) e Francia (con 6.112.864 turistas e un aumento do 9,5%).

Cataluña é o primeiro destino principal dos turistas en xullo, co 25,3% do total. Séguenlle Illes Balears (24,7% do total) e Andalucía (12,7%).

No acumulado dos sete primeiros meses de 2016 as comunidades que máis turistas reciben son Cataluña (con 10.083.516 e un aumento do 4,7%), Canarias (con 7.508.197 e un incremento do 13,2%), e Illes Balears (con 7.361.065 e un crecemento do 12,7%).

A vía aeroportuaria é a que serve de entrada ao maior número de turistas en xullo, con 7.401.161, o que supón un crecemento anual do 11,7%. No resto de vías experiméntanse incrementos do 1,4% na estrada, do 9,6% en porto e do 2,8% en ferrocarril.

O número de turistas que utilizan o aloxamento de mercado como modo de aloxamento principal aumenta un 11,5% en xullo en taxa anual. Dentro deste tipo, o aloxamento hostaleiro sobe un 12,2% e a vivenda en aluguer un 8,0%. Pola súa banda, o aloxamento de non mercado mostra un incremento do 0,5%. Os turistas aloxados en vivenda de familiares ou amigos aumentan un 3,8% e os aloxados en vivenda en propiedade un 9,8%.

O Lecer, recreo e vacacións é o motivo principal da viaxe a España para 8.683.831 turistas en xullo, o que representa un crecemento anual do 9,9%. Por Negocios, motivos profesionais chegan 296.967 (un 25,1% menos en taxa anual) e por outros motivos 589.323 (un 27,9% máis).

A duración da estancia maioritaria en xullo entre os turistas é a de catro a sete noites, con 4.301.605 turistas e un crecemento do 21,2% anual. O número de visitantes aumenta un 1,4% entre os visitantes que non pernoitan (excursionistas) e diminúe un 10,4% entre os turistas con maior duración (máis de 15 noites).

En xullo 6,5 millóns de turistas viaxan sen paquete turístico, o que supón un incremento anual do 1,8%. Con paquete turístico chegan aproximadamente 3,1 millóns, cun aumento do 29,1%.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.