O discurso en positivo de Rajoy, propio dun candidato serio e solvente

Asisto esta tarde no hemiciclo do Congreso dos Deputados á primeira parte do debate de investidura, é dicir ao discurso do aspirante, o actual presidente en funcions Mariano Rajoy.

Nun ton positivo e con seriedade e solvencia, Rajoy comezou con tres afirmacions: que  “España necesita un Goberno eficaz e necesítao con urxencia, que os españois expresaron a súa preferencia polo PP nas eleccións xerais e que non existe unha alternativa razoable”.

Engadiu dicindo que “non vale calquera Goberno” e que “o que España reclama é un Goberno estable, duradeiro, sólido e tranquilizador”

Desgranou logo a súa “proposta para España” e ofreceu sete grandes pactos de Estado en educación, pensións, emprego, enerxía, igualdade dos españois no sistema autonómico, loita contra a violencia de xénero e reforma das institucións.

Rajoy defendeu con firmeza a unidade de España e a soberanía nacional, advertindo que non ve necesario reformar a Constitución.

E deixou ante o Pleno unha chamada á responsabilidade, ao consenso e ao acordo. A facer cesións, aceptando o mandato das urnas, para interpretar ben a vontade dos españois e evitar unhas terceiras eleccións que danarían, subliñará, a imaxe de España en todos os sentidos, no plano económico e político.

Unha vez finalizado o seu discurso, respondín en directo ás preguntas da xornalista Susana López no programa de debate e actualidade Área Pública da TVG.

Valorei a intervención de Rajoy como “un discurso en positivo, dun candidato serio e solvente”

Este é a ligazón ás miñas palabras na TVG.
https://twitter.com/TVGalicia/status/770682625094713344

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.