Comeza a "Vuelta 2016 - Ourense Termal - Madrid”

Mañá comeza en Ourense a  “Vuelta 2016” a proba máis importante do ciclismo no mundo, xunto co Tour de Francia e o Giro de Italia. 

Nesta 71 edición  conta cos mellores ciclistas do mundo, entre os que figuran Chris Froome, gañador do Tour de Francia por segundo ano consecutivo; Alberto Contador, Nairo Quintana e Alejandro Valverde.

Catro das 21 etapas coas que conta, discorrerán por 18 concellos ourensáns, sendo Ourense a provincia na que máis etapas se disputan.

“Trátase – como expresou o presidente do goberno provincial Manuel Baltar -, dunha oportunidade moi importante para posicionar a “marca Ourense”, pois estamos diante dun dos espectáculos deportivos máis vistos no mundo, en máis de 150 países, con millóns de espectadores, que verán unha provincia termal que, ademais, é a denominación oficial desta edición da Vuelta: “Ourense Termal - Madrid”.

Estas etapas serán o escaparate perfecto para amosar ao mundo o noso termalismo, por medio dos nosos balnearios, do Parque Náutico de Castrelo de Miño e mesmo da cidade de Ourense, capital termal, e tamén achegando a beleza paisaxística e natural que ten a Ribeira Sacra, con esa chegada a Luintra na sexta etapa, e coa saída da sétima etapa de Maceda, vila ciclista histórica por excelencia”.

Representará ademais para Ourense un  gran movemento social e un dinamismo económico expresado nun evidente retorno.

Hoxe puiden comprobar o impacto da Vuelta na capital provincial, recorrendo o “parque da proba” instalado na Alameda, onde tiven a oportunidade de saudar ao o director xeral de Unipublic e da "Vuelta a España", Javier Guillén, que acompañaba ao presidente Manuel Baltar.

Mañá presenciarei a contrarreloxo por equipos, de 29 quilómetros, que se disputa ás 18.30 horas, entre o Balneario de Laias e o Parque Náutico de Castrelo de Miño.

http://www.lavuelta.com/

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.