Aprobadas as listas electorais do PP de G ao Parlamento de Galicia

Hoxe tivo lugar a reunión do Comité Electoral do Partido Popular de Galicia, que preside Alfonso Villares, e nela foron aprobadas as listas electorais ao Parlamento de Galicia.

En rolda de prensa posterior, o secretario xeral Miguel Tellado anunciou “o equipo que acompañará ao noso candidato no Parlamento de Galicia para defender o noso proxecto”, destacando que o obxectivo das candidaturas do PPdeG é “ter un grupo parlamentario sólido capaz de defender o noso proxecto” fronte a outras que teñen como prioridade “dar satisfacción a diferentes faccións ou agrupacións locais”. 

Unhas listas cunha porcentaxe de renovación dun 58%, con incorporación de novas caras combinana con “conservar aos valores seguros”.








Tellado quixo así contrastar con outras forzas que necesitan “cambiar de marca” ou esconder aos “referentes nos últimos catro anos”. O PPdeG síntese “orgulloso” do traballo feito en Xunta e Parlamento e por iso inclúe nas súas candidaturas á totalidade do goberno galego, a todos os delegados territoriais e a todas as persoas que ocupan cargos na Mesa do Parlamento ou na dirección do grupo parlamentario.

“Cremos que o traballo destes catro anos é, sen lugar a dúbidas, o noso gran aval ante Galicia nestas eleccións e polo tanto incorporamos ás listas ás persoas que representan ese traballo do que nos sentimos orgullosos”, concluíu.

Miguel Tellado explicou que as candidaturas do PPdeG ofrecen “un equipo con dúas características que ningunha outra forza política pode ofertar nestes momentos”: a experiencia e a unidade.


No tocante á experiencia, o secretario xeral dos populares indicou que as candidaturas do PPdeG incorporan a “persoas experimentadas na xestión pública” en diferentes eidos: goberno galego, Cortes Xerais e política local, así como deputados con experiencia na propia cámara galega na defensa de temas tan importantes como a política económica, a política social, a pesqueira ou a sanitaria.

En canto á unidade, Tellado destacou que as candidaturas populares configuran un “equipo unido para unha maioría estable”. “Destas candidaturas non vai saír ningún grupo mixto”, sinalou Tellado en referencia á ruptura nesta lexislatura do grupo parlamentario que formaban os que agora integran as Mareas. Unha fractura cuxa repetición augurou nesta nova lexislatura.

Tamén puxo en valor que “destas candidaturas non sairá ningunha impugnación ante os órganos do partido en Madrid” como si ocorreu no caso dos socialistas galegos. Estas listas non “nolas ten que emendar ninguén”, pois “aquí ninguén discute o liderazgo de Alberto Núñez Feijóo”. afirmou en referencia á corrección feita por Ferraz nas listas do PSdeG.


Tras agradecer o seu traballo e esforzo durante estes anos ás persoas que non repiten nas candidaturas, o secretario xeral do PPdeG destacou que as persoas que conforman as candidaturas para o 25 de setembro son un “equipo unido” capaz de lograr “unha maioría estable para Galicia”.

A lista dos candidatos do PP pola provincia a de Ourense ao Parlamento de Galicia está integrada por :1-. Marisol Diaz Mouteira 2-. Miguel Santalices Vieira 3-. José Luis González Vázquez 4-. Antonio Rodríguez Miranda 5-. Cristina Romero Fernández 6-. Marta Novo Iglesias  7-. Cesar Manuel Fernández Gil 8-. Moisés Blanco Paradelo 9-. Marta Rodríguez-Vispo 10-. Antonio Mouriño Villar 11-. Carlos Gómez Salgado 12-. Jackeline Fernández Macías 13-. Marta Pena Fraga 14-. José Antonio Parente

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta




Con la tecnología de Blogger.