Continúan as licitacións na LAV Madrid-Galicia

O pasado martes, rematada a sesión constitutiva do Congreso,  viaxei no tren Alvia que saíu de Madrid- Chamartín ás 18,50 e que chegou con puntualidade a Ourense-Empalme ás 23,15 horas, tardando pois 4,25 horas. Por certo que o convoi tivo unha importante ocupación. 

Desde a xanela do vagón puiden observar a evolución de certas obras visibles en varios puntos por exemplo na nova estación de Medina del Campo e outras que se executan desde Zamora ata A Gudiña.

Precisamente o día 15 deste mes publicouse a licitación dun contrato de Servizos  de asistencia técnica para o control e vixilancia do proxecto de construción de recompilación de actuacións pendentes na LAV Madrid-Galicia nos tramos: Acceso a Zamora, La Hiniesta-Perilla de Castro, Perilla de Castro-Otero de Bodas, Otero de Bodas-Cernadilla. O orzamento de licitación ascende a 116.677,33  (sen IVE)

No citado proxecto contémplanse as actuacións necesarias que complementan as obras de plataforma nesta  LAV nos tramos referidos. Inclúense reposicións de servizos, instalación de pantallas antivandálicas e cerramentos, iluminación dunha pasarela peonil, protección de taludes, instalación de canaletas para cables e colocación de fitos de deslinde.

Tamén contempla a supervisión e control das obras e instalacións inclúe todas as actuacións necesarias para asegurar a correcta execución do contrato. 

Agora tocar seguir impulsando esta LAV para poder acadar o próximo fito que será a posta en servizo do tramo comprendido entre Zamora e Pedralba de la Pradería no vindeiro ano de 2017, o que implicaría unha redución adicional de tempos de viaxe de aproximadamente 35 minutos nas relacions Madrid-Galicia.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.