Fagamos prevalecer o interese de Estado por encima de calquera outro

Nestes días leo e escoito a moitas persoas formadas e sensatas reclamar aos responsables políticos que fagamos prevalecer o interese de Estado por encima de calquera outro particular o partidario.

A miña coincidencia con estas mensaxes é total, xa que España non debe nin pode permanecer máis tempo sen un Goberno que adopte decisións que afectan o benestar de todos os cidadáns e sen unhas Cortes Xerais funcionando a pleno rendemento e con capacidade plena de exercicio das súas competencias constitucionais.

É urxente aprobar de acordo con Europa a nova senda de redución do déficit público e a partir de aí o teito de gasto para todas as administracións. O Consello de Ministros tería que aprobar o teito de gasto, indispensable para a elaboración dos orzamentos das CC.AA. e do Goberno e ese teito de gasto, tería que ter máis votos a favor que en contra no Congreso, e logo no Senado o propio mes de agosto. Despois habería que elaborar os orzamentos xerais do Estado e o Consello de Ministros debería aprobalos o 23 de setembro. 

Por tanto se non hai goberno xa, non hai Presupostos en setembro, e se non hai Presupostos en setembro haberá consecuencias, entre outras que non se poderían subir as pensións, nin subir os soldos dos funcionarios públicos.

Pero ademais temos que seguir avanzando na nosa competitividade e nun modelo de crecemento máis inclusivo que nos permita reducir os niveis de desigualdade e pobreza que aínda existen na sociedade española. Imprescindible polo tanto aprobar novas reformas.

E tamén temos que abordar as tan reclamadas negociacións dun novo sistema de financiamento autonómico, seguir mellorando a formación dos mozos e das persoas sen emprego, analizar a situación do noso sistema de Seguridade Social, profundar na rexeneración democrática, preparar a negociación do Bréxit, e un longo etc.

Escoitamos estes días tamén a esas persoas sensatas que os diferentes partidos políticos que están a afirmar por activa e por pasiva que non queren unhas terceiras eleccións deben participar ou favorecer que se forme goberno. 

Ao día de hoxe a mera abstención de Cidadáns e o voto negativo  do PSOE non evitarían unhas terceiras eleccións, e eles sábeno moi ben. Coa abstención de Cidadáns e o non do PSOE resultaría inevitable acudir a unhas novas eleccións.

No Congreso dos Deputados sentámonos hoxe unha ampla maioría de deputados de diferentes partidos, de talante moderado e dialogante, que compartimos a Constitución Española e a pertenza á Unión Europea e o que iso significa e ao que iso obriga. Tamén queremos manter a recuperación económica e que chegue a todo o mundo, continuar na senda da creación de máis emprego e de mellor calidade, e ademais fortalecer o noso sistema de protección social. E temos unha mesma concepción da unidade de España, con matices distintos e todos eles respectables. 

Pero tamén é posible e mesmo necesario dialogar con grupos nacionalistas - que representan un sector do electorado-  e buscar entendementos. Cabe alcanzar acordos útiles sen que  iso signifique a renuncia do PP a principios tan importantes como a soberanía nacional ou a integridade territorial. Nós non imos modificar a Constitución por un voto na investidura.

Fagamos caso a esas persoas sensatas e descartemos da linguaxe política palabras como veto ou bloqueo.  Utilicemos as palabras pacto e de acordo, con sinceridade.

España merécese que os políticos esteamos á altura dos cidadáns e que non lles pidamos que teñan que ir votar outra vez

Estou convencido de que prevalecerá o sentido de Estado.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.