A Xunta reforza os instrumentos para facilitar o financiamento das PEMES galegas

Destaco do Consello da Xunta, celebrado hoxe as novas opcións de financiamento para as pemes galegas, por un importe de 6 millóns de euros.

Así durante a rolda de prensa, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo precisou que a Administración autonómica destinará 4 millóns para mellorar a capacidade de financiamento das sociedades de garantía recíproca Afigal e Sogarpo mediante achegas aos seus fondos de previsións técnicas. “Trátase de apoiar o financiamento do tecido empresarial galego colaborando coas sociedades de garantía recíproca galegas que veñen desempeñando desde a súa creación un importante papel no tecido empresarial de Galicia, facilitando o acceso ao crédito as pequenas e medianas empresas galegas, mediante a prestación de avais ante entidades financeiras”, abundou.

Salienta a nota da Xunta que estes catro millóns súmanse aos dous millóns autorizados en 2014, polo que con esta achega total de 6 millóns de euros, a Xunta completa o seu compromiso co Plan de recapitalización das sociedades de garantía recíproca galegas.
Por outra banda, tamén se activan con case dous millóns de euros os programas de microcréditos e de préstamos a pemes, un orzamento que, segundo explicou o presidente do Executivo autonómico, permitirá apoiar 750 proxectos de investimentos e mobilizar préstamos por importe de 45 millóns.
Poderán acollerse a esta iniciativa as operacións formalizadas polas microempresas e pemes nas entidades financeiras desde o 1 de xaneiro de 2016, é dicir, con carácter retroactivo.
Así mesmo, cómpre salientar que o programa de microcréditos está dirixido a titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros.
Feijóo asegurou que con estes dous programas, a Xunta achegará bonificacións de xuro: a microcréditos e préstamos de 1,5 puntos con carácter xeral, e de dous puntos no caso de emprendedores e proxectos do sector industrial.
Ademais, os microcréditos poderán ter un apoio do 15% sobre o tramo do préstamo destinado a financiar activos fixos.
O presidente da Xunta recordou ademais que esta actuación se enmarca no programa integral de financiamento Galicia 1000 a través do que a Xunta busca achegar instrumentos axeitados para as necesidades financeiras das empresas.

A través desta actuación, a Xunta está a destinar este ano 100 millóns de euros a apoiar preto de 1.500 proxectos de pemes galegas que están mobilizar ata 330 millóns de euros. E, nos últimos dous anos, este paquete integral permitiu poñer en marcha máis de 2.000 proxectos na Comunidade, que mobilizaron 400 millóns, achegando financiamento adaptado ao tamaño, ás necesidades concretas e á situación de cada empresa.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.