Presentando a credencial no Congreso dos Deputados

Esta mañá presentei ante a Secretaría Xeral do Congreso dos Deputados a credencial expedida pola Xunta Electoral Provincial de Ourense. Tarefa que compartín coa deputada Ana Vázquez.

Desde o pasado luns os deputados e deputadas proclamados electos podemos presentar as credenciais no Congreso e ata o próximo día 18.

Este é o primeiro requisito para adquirir a condición plena de deputado, que se completa ao acatar a Constitución no primeiro Pleno no que participe, neste caso, na sesión constitutiva do día 19 de xullo.

Neste acto entreguei a declaración de bens e rendas, así como a declaración de actividades, tal e como se establece na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) e o artigo 20 do Regulamento do Congreso.

O seguinte paso para que os candidatos elixidos o pasado 26 de xuño adquiramos a condición plena de deputado é a Sesión Constitutiva do Congreso, que se celebra o 19 de xullo de 2016, ás 10,00 horas, tal e como establece o Real Decreto co que S.M. o Rey, Felipe VI, disolveu as Cámaras e convocou eleccións; referendado polo presidente do Congreso dos Deputados Patxi López, de acordo co procedemento establecido no  artigo 99.5 da Constitución Española.

Durante o desenvolvemento da sesión constitutiva, desígnase ao presidente e aos membros da Mesa do Congreso e realízase o chamamento, un por un, aos novos deputados para que digan se acatan a Constitución, regulada nos artigos 2 a 4 do seu Regulamento.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.