Agradecemento aos interventores e apoderados do Partido Popular do concello de Ourense

Onte pola tarde xuntámonos os interventores e apoderados do Partido Popular, co presidente da Xunta Local, o alcalde Jesús Vázquez e o secretario xeral do PP provincial, Rosendo Luis Fernández.

Tratábase de agradecer a todos eles o enorme traballo realizado na pasada campaña electoral que remataron cuns excelentes resultados electorais. 

Lembrar que o PP obtivo na capital un total de 24.120 votos, un 40, 61 %, cando en decembo obtivemos un total de 35,77 %. O seguinte partido, o PSOE acadóu 14,661 votos, o 24,68 %.

Na miña intervención agradecín a adicación extrema dos nosos militantes e simpatizantes, de todos os distritos do concello de Ourense, desde o centro ata os barrios e as parroquias do rural. Unha victoria que supón tamén un aval á xestión do Concello polo grupo de gonerno que encabeza, Jesús Vázquez.


Destaquei o traballo do presidente provincial Manuel Baltar e do presidente da Xunta Local e de todos os integrantes da mesma que movilizaron aos equipos de modo que a campaña foi cercana e a pé de rúa, en positivo e "a favor" como demandaba o presidente Mariano Rajoy. 

Un traballo no que os xóvenes xogaron un papel destacado.

Unha vez máis, grazas sinceiras a  todos eles.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.