Importante crecemento en xuño, da afiliación á Seguridade Social

Destaco que onte coñecemos que a afiliación media á Seguridade Social alcanzou 17.760.271 ocupados en xuño, tras aumentar en 98.432 afiliados medios (0,56%) no último mes, o maior ascenso nun mes de xuño desde 2006.

Tamén en termos desestacionalizados aumentou a ocupación, neste caso 75.509 persoas, o mellor resultado desde xuño de 2005.

O Réxime Xeral aumentou en 86.187 persoas (0,60%), ata alcanzar os 14.482.695 ocupados. En xuño, a afiliación creceu en practicamente todos os sectores de actividade. Ademais de Hostalería, con 38.337 afiliados máis (3,16%), destacan Comercio e Reparación de Vehículos de Motor e Motocicletas 27.936 (1,24%); Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares en 18.587 (1,59%); Industria Manufactureira en 14.031 (0,83%) e Construción en 11.468 (1,66%). Hai que sinalar o descenso en Educación (-51.468) coincidente como cada ano co final do curso escolar.

En canto ao Sistema Especial Agrario experimentou un descenso de 16.490
afiliados (-2,10%), contando na actualidade con 767.496 afiliados medios. Este dato concorda coa finalización das campañas do amorodo en Huelva e Almería.

Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregados do  Fogar rexistrou 169 persoas menos (-0,04%), e suma 432.844 ocupados. 

O Réxime de Autónomos conta con 3.209.379 persoas, tras aumentar en 11.230 (0,35%). O Réxime Especial do Mar incorporou 1.083 ocupados (1,70%), chegando a súa cifra de ocupación a 64.981. Finalmente, o Carbón perde 69 afiliados medios tras descender o 2,09%.

A cifra de afiliados á Seguridade Social incrementouse durante o pasado mes na maioría das Comunidades Autónomas. Os maiores aumentos rexistráronse, en termos absolutos,  en Cataluña (32.688), Baleares (26.897), Castela-A Mancha (14.095), Galicia (8.749) e a Comunidad de Madrid (7.237). A afiliación media baixa en Andalucía (-20.576), Murcia (-2.622) e Melilla (-439).

Desde o punto máis baixo de afiliación ao Sistema (febreiro 2013) recuperáronse1.609.525 ocupados dos máis de 3,3 millóns que se chegaron a perder durante a crise. É dicir, máis do 48%.

RESPECTO DE 2015

En termos interanuais, xuño pechou con 503.876 afiliados medios máis, o 2,92%, aumento debido en gran parte ao bo funcionamento do Réxime Xeral que suma 473.967 ocupados (3,38%).

No Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa aumentou un 0,89%, o que se traduciu nun aumento de 28.293 persoas. O Réxime do Mar aumentó un 3,43% (2.153) e o Carbón rexistrou un descenso de 536 persoas (-14,29%).

En relación ao ano pasado a ocupación creceu en todas as Comunidades Autónomas. Destacan Cataluña, con 113.158 (3,67%); Comunidade de Madrid, con 93.774 (3,33%); Andalucía, con 68.718 (2,48%) e Comunidade Valenciana, con 58.988 (3,58%).

GALICIA

Na nosa Comunidade Autónoma, a afiliación media á Seguridade Social alcanzou 957.928 ocupados en xuño, tras aumentar en 8.749  afiliados medios (0,92 %) no último mes.

En termos interanuais, xuño pechou con 13.998 afiliados medios máis, o 1,48 %.

O Réxime Xeral conta con 720.141  persoas, o de Autónomos conta con 217.144 persoas, o de o Mar 20.643 persoas. 

OURENSE

Na nosa provincia a afiliación media á Seguridade Social alcanzou 99.503 ocupados en xuño, tras aumentar en 957 afiliados medios (0,97 %) no último mes.

En termos interanuais, xuño pechou con 396 afiliados medios máis, o 0,40  %.

O Réxime Xeral conta con 73.927 persoas e o de Autónomos conta con 25.576 persoas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.