O Sistema público de Seguridade Social conta hoxe con 9.417.724 pensións contributivas

Hoxe a Secretaría de Estado da Seguridade Social informa que a nómina mensual de pensións contributivas da Seguridade Social alcanzou os 8.514,94 millóns de euros o pasado 1 de xullo. O incremento mensual sitúase no 3,09%.

O conxunto do Sistema público conta hoxe con 9.417.724 pensións contributivas, un 1,18% máis respecto ao ano pasado. Máis da metade, 5.735.483 concretamente,  son por Xubilación; 2.359.858 corresponden a Viuvez;  940.193 a Incapacidade Permanente; 342.338 a Orfandade e 39.852 a favor de Familiares.

Galicia conta hoxe con 755.033 pensións contributivas, un 0,6 % máis respecto ao ano pasado. Máis da metade, 468.591  concretamente,  son por Xubilación; 187.031 corresponden a Viuvez;  69.109 a Incapacidade Permanente; 24.205 a Orfandade e 6.097 a favor de Familiares.

Ourense conta hoxe con 109.079 pensións contributivas, un 0,1 % menos respecto ao ano pasado. Máis da metade, 68.808  concretamente,  son por Xubilación; 26.086 corresponden a Viuvez;  10.132 a Incapacidade Permanente; 2.854 a Orfandade e 1.199 a favor de Familiares.

A pensión media de xubilación alcanzou no Estado os 1.043,48 euros, o que representa un incremento anual do 2,09 %. En Galicia alcanza os 866,97 € e en Ourense 720,59 €.

En canto á pensión media do Sistema, que comprende as distintas clases (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), situouse en 904,14 euros, o que supón un aumento interanual do 1,88 %. En Galicia alcanza os 763,22  €  e en Ourense 658,20 €.


A magnitude destas cifras de pensionistas debe facernos reflexionar sobre que canto antes haxa Goberno en España poderemos impulsar máis rapidamente a creación de emprego de calidade e fortalecer o noso modelo de pensións. Só crecendo no número de empregados e por tanto de cotizantes aseguraremos a sustentabilidade do sistema público de pensións.

Os últimos datos coñecidos de afiliación media á Seguridade Social son esperanzadores. Acadamos os 17.760.271 ocupados en xuño, tras aumentar en 98.432 afiliados medios (0,56%) no último mes, o maior ascenso nun mes de xuño desde 2006.

Pero non podemos pararnos, temos que seguir nesta senda apoiando o que funciona: estabilidade, reformas e diálogo social.

E afirmando a solidariedade do noso sistema: solidariedade entre xeracións, porque as persoas en idade de traballar contribúen coas súas cotizacións ao pago das pensións hoxe e recibirán a súa pensión coa cotización das xeracións futuras.

E solidariedade entre territorios, porque a caixa única da Seguridade Social garante o pago das pensións en toda España.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.