Galicia: un país único que quere mirar cara adiante aproveitando a forza do seu pasado e do seu presente


Celebramos hoxe 25 de Xulllo o día de Galicia e a festividade do Apóstolo Santiago, en nesta data fago miñas as verbas pronunciadas polo presidente  Feijóo o venres pasado en Padrón nún acto do PP de G, que sintetizan o pensamento da nosa formación política: 

" Galicia é un país único que quere mirar cara adiante aproveitando a forza do seu pasado e do seu presente, sen ter que ir contra ninguén e sen ter que paralizarse por ninguén. 

Galicia é un país unido, porque sabe que a súa unidade é a mellor maneira de seguir obtendo resultados.

E Galicia é un país libre, de imposicións externas e internas.


Porque as galegas e os galegos sinten Galicia como queren. 


Celebramos esa Galicia no seu Día da mellor maneira que sabemos, que é co compromiso de loitar por ela. 


Porque este partido xorde por Galicia e por iso hoxe –coma sempre- comprométese a seguir traballando para esa Galicia porque Galicia é a nosa única razón de ser. 


Ningún de nós, eu tampouco, somos ninguén sen Galicia. 

Parabéns a todos e que viva Galicia ! "


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta




Con la tecnología de Blogger.