As obras da nova ponte sobre o Miño, en Os
Peares estarán rematadas no vindeiro mes de setembro.
Así o informa nunha nota a Xunta, que da conta de que conselleira
de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa delegada territorial da
Xunta en Lugo, Raquel Arias, supervisaron o avance das mesmas, en presenza de alcaldes.
A día de
hoxe a ponte xa une as dúas beiras do río e só restan os traballos de recheo da
estrutura, estender o pavimento de formigón, colocar os lastros (adoquíns) e a
iluminación led na ponte.
Esta infraestrutura, cun investimento de 2,7
millóns de euros, contribuirá a reforzar os vínculos que xa existen entre estes
catro concellos e suporá unha mellora da calidade de vida dos vecinos e reportará
un maior dinamismo económico a toda esta zona xa que as mellores comunicacións
supoñen tamén un estímulo para o turismo.
Vai
permitir completar as comunicacións entre ambos os lados do Miño: pola marxe
dereita cos concellos de Carballedo e A Peroxa, e coa estación de ferrocarril;
e pola esquerda, cos municipios de Pantón e Nogueira de Ramuín, e a N-120.
Esta nova
ponte evitará que os veciños teñan que facer un percorrido de máis de 5 KM por
estradas sinuosas, xa que na actualidade vense obrigados a cruzar dunha marxe
do río á outra a través da presa dos Peares, situada a uns 2,5 KM dos
principais núcleos de poboación.
A
conselleira destacou que a nova infraestrutura é integramente galega, desde o
deseño ata a empresa construtora. Conta cunha lonxitude de case 200 metros e un
ancho de 5 metros e isto posibilitará o uso compartido por parte de vehículos e
peóns, aínda que se lle dará prioridade ao uso peonil.
Estas actuacións están a ter un especial coidado coa paisaxe, protexendo un espazo de valores paisaxísticos excepcionais, por iso a ponte ten un deseño que encaixa co contorno e unha estética que minimiza o seu impacto visual.
Para
completar e favorecer os desprazamentos a pé, a Xunta construirá unha nova
senda de máis de 300 metros que comunicará a ponte co núcleo de casas situadas
augas arriba, nos Peares, pola marxe esquerda.
Agardamos pois a cruzar esta ponte no vindeiro mes de setembro.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta