No Faladoiro do programa “Voces de Galicia”

Intervín hoxe no Faladoiro do programa “Voces de Galicia” de Radio Voz que nesta ocasión moderou Isidoro Valerio.  Compartín micrófono con Pepe García e Pepe Lorenzo.

Falamos exclusivamente da rolda de consultas do Rey para propoñer un candidato a presidente do Goberno.

Reclamei responsabilidade ao PSOE e a Cidadáns, para que non impidan a investidura de Mariano Rajoy. E lembrei como o PP segue ofrecendo desde decembro o gran pacto de coalición a ambas as formacións.

Dixen que o PP sigue esforzándose para tentar achegar posturas coas demais forzas políticas e que era optimista en que se alcance a investidura.

Afirmei que España necesita un Goberno estable e pronto, porque hai que tomar moitas decisións e aprobar leis, hai que preparar os PGE, necesitamos coñecer o teito de gasto, aprobar a nova senda de déficit e todo isto afecta á revalorización das pensións, a evolución da prima de risco, o emprego público ou o financiamento de CCAA ou concellos, entre outras consecuencias.

Aludín tamén a que nas rúas, falando coas persoas, constato que están fartas e que reclaman que polo menos se deixe gobernar ao partido que gañou con claridade as eleccións. E que están preocupados ante a posibilidade dunhas terceiras eleccións.

Criterio que é tamén o de brillantes opinadores, como Roberto Blanco Valdés que nun artigo artigo hoxe en La Voz de Galicia afirma que : "España atravesa hoxe una desas terribles conxunturas como consecuencia da absoluta irresponsabilidade de quen foron derrotados nos comicios de decembro e de novo en xuño con maior intensidade (o PSOE e C´s), empeñados ambos nunha estratexia cuxo único obxectivo é culparse mutuamente da investidura de Rajoy aínda que iso sexa ao prezo de acabar por bloqueala, o que nos conduciría sen máis a unhas terceiras eleccións."

Finalmente dixen sobre Cidadáns que esperamos que pase da abstención ao sí,  porque carece de sentido que Rivera dese gratuitamente en febreiro o seu voto afirmativo a Sánchez para xustificar un intento de desbloqueo, e agora sexa incapaz de facelo cando boa parte da solución real á parálise está na súa man. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.