A Comisión Europea acerta recoñecendo o importantísimo axuste do déficit público de España, que non será sancionada

Recibimos hoxe unha moi boa noticia que é a recomendación da Comisión Europea de non multar nin a España nin a Portugal, a pesar de que os dous países foran sinalados por non tomar medidas efectivas para o cumprimento exacto do obxectivo de déficit.

Lembrar que a sanción podería chegar ata o 0,2% do Produto Interior Bruto por defecto (máis de 2.000 millóns de euros)

Destacar que  comisario europeo de Asuntos Económicos e Financeiros Pierre Moscovici recoñeceu os esforzos de ambos os países en reducir os desequilibrios orzamentarios, as reformas realizadas e os seus compromisos para cumprir coas regras do Pacto de Estabilidade e Crecemento. Ademais  recoméndase dar dous anos máis, ata 2018, para que rebaixe o déficit por baixo do 3%.

E neste sentido manifestou que ambos os países deberán presentar senllos informes, e os seus proxectos orzamentarios de 2017 cara ao próximo 15 de outubro.

En todo caso corresponde ao Consello adoptar, modificar ou rexeitar as recomendacións de hoxe nun prazo de 10 días.

Con esta decisión o Executivo comunitario daría a razón ao Goberno español en funcións, que levan semanas dando por feito que a multa sería “nula ou cero”, como reiterou en repetidas ocasións o ministro de Economía e Competitividade, Luís de Guindos.


En definitiva a Comisión recoñece o noso país e como se fixeron reformas importantes que permitiron volver ao crecemento, á creación de emprego e permítenos neste momento efectuar unha política económica que base ese cumprimento de obxectivo de déficit fundamentalmente no crecemento da nosa economía.

Lembremos que o Goberno do PP atopouse en 2011 cun déficit público do 9,3 % e que a finais de 2015 situouse no 5,1 %, E iso a pesar de que tivemos recesión nos anos 2012 e 2013, de modo que con gran mérito reducimos máis de 4 puntos de déficit público no seu peso no PIB cun incremento do PIB do 1 %. É dicir, España realizou un axuste importantísimo de déficit público e reflíctese no noso cociente de débeda pública/PIB.

As miñas máis sinceiras felicitacións ao Goberno de Mariano  Rajoy e moi especialmente ao ministro de Economía e Competitividade, Luís de Guindos, que negociou con firmeza, eficacia e diplomacia este complexo tema. 

http://europa.eu/rapid/press-release_IP-16-2625_en.htm

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.