Onte iniciei a miña andaina en Twitter coa apertura dunha conta: @CelsoDelgadoOU
Entro así nesta importantísima rede social que se autodefine como un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, con filiais en San Antonio e Boston en Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, pero está baixo a xurisdición de Delaware desde 2007. O 3 de novembro de 2009 apareceu a versión de Twitter en español.

O primeiro twet, xustamente era o seguinte "Ola a todos! Benvidos á miña conta de @twiter. A partir de hoxe ademais de no meu blog estarei aquí"
A miña presenza en Twitter non significará o peche deste blog que abrín no ano 2009 e no de que de forma persoal e ininterrompida veño dando conta fundamentalmente de cuestións que teñen que ver coa actividade parlamentaria e política que me ocupan polas responsabilidades asumidas.

Confío en que a conexión entre estas dúas ferramentas permítame chegar a máis persoas interesadas e facilitar mellor a interacción con todas elas.
Hoxe mismo constato a inmediatez e difusión desta rede coa publicacion no diario local "La Región" da miña entrada en Twiter, o que agradezo.