sábado, 23 de julio de 2016

Feijòo: “Eu son militante de Galicia e despois de todo o demais"


Viaxo onte a Padrón para asistir ao acto de celebración do Día de Galicia dos populares galegos que tivo lugar no precioso xardín botánico.

A intervención máis destacada correu a cargo do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

Salientou a elección de esta Vila para celebrar un día como o próximo 25, xa que é un expoñente da universalidade do pobo galego. "A universalidade xacobea: o inicio da Historia de Santiago, o comezo da tradición... aquí amarra a barca do Apóstolo despois de remontar o río Ulla e antes de emprender viaxe cara Santiago; a universalidade do que é capaz de producir esta terra: cómo unha denominación de orixe tan concreta pode chegar a expandirse dun xeito tan ilimitado, como os pementos de Padrón. Unha terra que da mostras da nosa capacidade creativa e cultural e que xera e inspira como con Macías o Namorado, Rosalía ou Cela "

Durante a súa intervención destacou a excepcionalidade da nosa comunidade ao respecto do Estado, posto que aquí hai a responsabilidade que faltou estes meses en España; ao respecto das outras autonomías, porque nós si temos a estabilidade que noutros lugares botan de menos; e tamén ao respecto doutras nacionalidades históricas, ás que respectamos pero ás que non temos que envexar en nada.

Nese sentido, o presidente apuntou que porá todo da súa parte para que Galicia sexa nos próximos catro anos tamén unha excepción; que ninguén poida repartila en porcións de poder, porque é unha; e non teña que caer no dilema de posicionarse en bandos, porque somos un pobo unido e os intereses dos galegos son o primeiro e non poden esperar.

O PARTIDO DE GALICIA

Feijóo fixo fincapé en que o Día de Galicia é o de todos os galegos sen excepción, tratándose dunha data especialmente sinalada para o PP xa que, sen esta comunidade, este partido nin tería sentido aquí nin o tería en España.

Tal e como recoñeceu, hai unha diferenza fundamental entre o PP e o resto de opcións e é que mentres uns pensan que a nosa comunidade é súa, os populares cren que o seu partido pertence a Galicia.

Ademais, o dirixente indicou que están orgullosos de Galicia tal e como é ao igual que tamén o están dos galegos. Así, destacou tamén que cren na universalidade de Galicia e que, no seu orgullo como galegos está tamén aportar ao progreso de España.

Deste xeito, Feijóo incidiu en que son galeguistas porque están convencidos de que como pobo, unidos, somos un gran país. Ademais disto, engadiu que a verdadeira grandeza da nosa comunidade é que, coas grandes raíces que ten, o que aínda ten máis grande é o futuro que ten por diante.

MILITANTE DE GALICIA 

“Eu son militante de Galicia e despois de todo o demais ”, recoñeceu Feijóo explicando que o é "por todo o que define á súa xente, por todo que aprende dela cada día, por todo o que é capaz de facer e por todo o que logramos xuntos estes anos difíciles e por todo o que é capaz de facer e por todo o que logramos xuntos estes anos difíciles "
 

O presidente tamén concretou que outras das razóns polas que se define así é porque lle ensina que canta máis alta é a responsabilidade, maior debe ser a humildade para exercela, porque cre nos galegos, nas nosas capacidades e en que somos quen de acadar todo o que nos propoñemos. 

Do mesmo xeito, asegurou ser militante da nosa comunidade porque, ao igual que o seu partido, “Galicia son as miñas raíces, Galicia é o meu presente, e quero que Galicia sexa o meu futuro”. 

ACTIVOS POLA NOSA COMUNIDADE

O número un do PPdeG salientou a necesidade de que o seu partido estea activo e se mobilice pola nosa comunidade, que o seu proxecto sexa o elixido porque é o mellor para ela, e que aquí teñan cabida todos os galegos sen vetos, divisións ou odios.

Nesta liña, Feijóo sinalou durante a súa intervención que non se volve presentar para vencer a ninguén nin pola inmensa honra que é presidir Galicia senón que se presenta porque cre no seu país e porque lle debe todo o que é. 

Nese sentido, precisou que nunca entenderá a aqueles que fan unha política cuxa motivación se sustenta no odio a alguén concreto, ás institucións ou aos que defenden outras ideas. “Galicia é demasiado grande como para ter unha motivación tan cativa como o odio a quen pensa diferente”, engadiu. 

Así, insistiu en que el ten un obxectivo inmensamente maior que é a nosa comunidade, ao tempo que pediu celebrar o día da nosa terra unidos e orgullosos do que é Galicia. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta