A formación de Goberno, é unha responsabilidade compartida por parte de todos

Os votantes o pasado 26 de xuño con moita contundencia dixeron que oito millóns de españois queren que Mariano Rajoy sexa presidente,  a lexitimidade do PP é pois incontestable.

Onte mesmo comezaron as negociacións abertas polo presidente en funcións e do PP, en concreto con Colalición Canaria.

É certo que a primeira responsabilidade é de quen gañou as eleccións e ten 52 escanos de diferenza respecto ao segundo, pero a responsabilidade é compartida cos demais partidos para que non haxa terceiras eleccións. E esa responsabilidade debe recaer en todos, pero especialmente no PSOE.

Trátase de chegar a un acordo porque sería bo para España e non podemos poñer o acento nas diferenzas, nos matices ou nas acusacións. “Agora é o momento de buscar puntos de acordo e de unión. O que esixen os cidadáns agora non son nin vetos nin novas eleccións”, reclamou o vicesecretario Martínez Maillo antes de subliñar que “queremos que a xente se vaia de vacacións cun Goberno e que sexa o máis estable posible”.

Por todo iso, lembrou que “non hai alternativa” a que os grandes partidos busquen un acordo e “como non hai alternativa, hai que poñerse a negociar e a dialogar e a tratar de conformar un Goberno de estabilidade e iso é o que están a facer Mariano Rajoy e o PP”.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.