Eslovaquia ostenta a presidencia rotatoria do Consello da UE.

Desde o 1 de xullo e ata o 31 de decembro Eslovaquia ostenta a presidencia rotatoria do Consello da UE.

O programa de traballo durante a presidencia eslovaca do Consello da UE céntrase en catro prioridades:

- Unha Unión economicamente forte: 

A presidencia eslovaca centrarase en iniciativas que axuden a crear unha contorna favorable ao investimento e unha maior profundización no desenvolvemento da Unión: unha contorna favorable ao investimento é un pre-requisito para o desenvolvemento económico da UE, mentres que a implementación de proxectos de carácter europeo unificados, é peza esencial para o desenvolvemento dun mercado único modernizado.

- Un mercado único modernizado:

O Mercado único é un dos grandes logros da Unión Europea. A visión da presidencia eslovaca para estes seis meses é a de profundar na unificación a nivel europeo de proxectos, especialmente aqueles relacionados con  a unión enerxética ou o mercado único dixital.

- Políticas sustentables de migración e asilo:

A actual crise de migracións está a poñer unha enorme presión nas fronteiras exteriores da Unión Europea e nos sistemas de asilo dos países da UE. A presidencia eslovaca tratará de impulsar o desenvolvemento de políticas máis sustentables en materia de migracións e asilo.

- Unha Europa comprometida a nivel global: a Presidencia tratará de fortalecer a posición da UE no mundo.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.