viernes, 15 de julio de 2016

Solidaridade co pobo francés ante o salvaxe atentado de Niza



Á primeira hora desta mañá coñecín a través da radio a noticia do brutal e salvaxe atentado de onte á noite en Niza.



Ata o momento 84 persoas morreron como consecuencia  do salvaxe atropelo por un camión lanzado contra unha multitude durante os festexos do 14 de xullo, festa nacional francesa, no Paseo dos Ingleses desta cidade, capital da Costa Azul.



Un paseo que coñezo pois camiñei por este pasou o pasado verán acompañado dos meus fillos, e podo asegurar que está sempre concorrido por moitísimas persoas de todas as nacionalidades e idades.



Quen proxectou e perpetrou ese atentado, sabía moi ben o enorme masacre que produciría, o que fai aínda máis execrable a acción criminal.



Como todas as persoas de bién deste mundo, compartimos a dor dos nosos veciños franceses.



Súmome ás palabras do presidente Rajoy de que  Francia contará con toda a cooperación de España para detectar, perseguir e castigar aos terroristas e a quen os apoia e amparan.



Agora mesmo no Congreso dos Deputados acabamos de testemuñar o noso pesar  e solidariedade co pobo de Francia, cun minuto de silencio.

Ao finalizar este acto no que participei, interviron Celia Villalobos, vicepresidenta da Mesa da Dieputación Permanente e deputada do Partido Popular, Pedro Sánchez secretario xeral do PSOE, Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos ; María del Mar Blanco, presidenta da Fundación Vítimas do Terrorismo e deputada del PP ; e José Ignacio Prendes, secretario segundo da Mesa e diputado de Ciudadanos.


 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta