Rajoy: " Non é o PP o que ten urxencia por gobernar. É España a que necesita urxentemente un goberno e esa é a responsabilidade de todos."

Celebramos esta tarde en Madrid unha Xunta Directiva Nacional, do Partido Popular na que o presidente Mariano Rajoy interveu.

En primeiro lugar fixo unha valoración dos resultados electorais e dixo que " o PP gañou, así o dixeron os españois, o 26 de xuño as eleccións. Fomos ademais a única forza política en toda España, que mellorou con claridade os seus resultados respecto dos comicios de decembro. Insisto, a única .Crecemos case 700.000 votos,  o que supón un aumento do 9.6% en votos absolutos e crecemos 700.000 votos cando a participación decreceu en algo máis dun millón de votos. Aumentamos tamén en porcentaxe de voto válido, pasamos do 28.7% ao 33%. Crecemos en porcentaxe tamén de voto sobre censo.

E crecemos claramente en número de escanos, con 14 deputados máis, ao pasar de 123 a 137 e tamén aumentamos o número de senadores electos"

E engadiu " a distancia coa segunda forza política, isto tamén ten un valor á hora de conformar un Goberno. Esa distancia increméntase en case 800.000 votos; de 1.685.000 en decembro 2.481.000 agora. O PP é a primeira forza en España con case 2,5 millóns de votos de diferenza sobre a segunda. En decembro gañaramos á segunda forza política por 6.7 e hoxe fixémolo por máis de 10 puntos e pasamos de 33 deputados de vantaxe fai seis meses a 52 na actualidade".

O presidente dixo "estar convencido de que estes resultados non serían posibles se o Partido Popular non dese, unha vez máis, unha mostra da súa solidez, da súa disciplina, da súa capacidade de traballo e do seu espírito de equipo" e felicitou á organización, ao Comité de Campaña, aos comités rexionais, interventores, apoderados, equipos de prensa e de redes sociais, á secretaria, aos vicesecretarios e todos os candidatos.

Logo referiuse a outro asunto tamén importante e dixo que "aínda que melloramos a nosa situación resulta evidente tamén, que estamos moi lonxe de poder gobernar en solitario. Os resultados do pasado día 26, arroxan un panorama político igualmente fragmentado no que segue sendo imprescindible falar, pactar e chegar a acordos".

Repasou logo as opcións de Goberno de España hoxe son as seguintes:

"Primeiro, o goberno que expomos nós o 21 de decembro, día en que celebramos o Comité Executivo Nacional despois das eleccións do 20 dese mes, que era un goberno de coalición entre o primeiro, o segundo e o cuarto, o PP, o PSOE e Cidadáns. Segundo, un Goberno de ampla base parlamentaria. Independentemente da fórmula de colaboración que se puidese articular, independentemente diso, este modelo ofrecería confianza e estabilidade e, en consecuencia, un horizonte de certidumbre que era moi necesario nestes momentos. Sería un goberno cuns obxectivos claros e pactados, un programa de actuación claro e pactado e unha estratexia a medio prazo tamén clara e pactada. Sería, ao meu xuízo, a segunda mellor opción e imos traballar por ela.  E unha terceiro opción, que consiste en deixar que goberne o que gañou que é o PP con 137 deputados. Pero o único que se acorda é que goberne o que gañou con 137 deputados, isto pódese facer, é posible pero é moi difícil gobernar con 137 deputados sen establecer uns obxectivos compartidos e unhas medidas para alcanzalos." E engadiu "En calquera caso, se iso é o que queren os demais, o PP vai sumir a súa responsabilidade e vai gobernar aínda que sexa con 137 deputados"

Dixo que " segue habendo necesidade de pactos e acordos, pero tamén é certo que os españois dixeron con claridade o que lles gustou e o que non lles gustou. Non se pode ignorar a mensaxe que nos deron sen risco de caer na contumacia máis absurda".

Engadiu que " a nosa prioridade será evitar unhas terceiras eleccións, o noso obxectivo lograr un acordo os máis amplo e o máis estable, como dixen antes, que sexa posible. Insisto, sería bo pactar uns obxectivos e unhas medidas para o próximos catro anos atendendo aos intereses xerais dos españois". 

Dixo que España necesita seguir avanzando nas reformas. "Entregamos xa ás distintas forzas políticas un documento cunha serie de propostas para a negociación".

E finalizou dicindo que " necesitamos, canto antes, un goberno para continuar afianzando a recuperación económica, que se reflicte nos últimos datos de crecemento e emprego·. E que o máis importante agora é o seguinte:

"Primeiro, aprobar de acordo con Europa a nova senda de redución do déficit público e a partir de aí o teito de gasto para todas as administracións. Algo que se queremos facer as cousas ben, deberemos facer en agosto. O Consello de Ministros tería que aprobar o teito de gasto, fundamental para a elaboración dos orzamentos das CC.AA. e do Goberno e ese teito de gasto, tería que ter máis votos a favor que en contra no Congreso, e logo no Senado o propio mes de agosto.

Temos logo que elaborar os orzamentos xerais do Estado e o Consello de Ministros debería aprobalos o 23 de setembro.

Temos que seguir avanzando na nosa competitividade, pero tamén nun modelo de crecemento máis inclusivo que nos permita reducir os niveis de desigualdade e pobreza que aínda existen na sociedade española.

Temos que abordar as negociacións dun novo sistema de financiamento autonómico, seguir mellorando a formación dos mozos e das persoas sen emprego, etc.

Insisto: non é o PP o que ten urxencia por gobernar. É España a que necesita urxentemente un goberno e esa é a responsabilidade de todos."

Finalmente, Mariano Rajoy anunciou que a ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor será a candidata do Partido Popular á presidencia do Congreso. Unha votación que terá lugar mañá.

Proposta que foi acollida poloa asistentes cun longo apaluso e recibida con satisfacción enorme polos deputados e senadores do PP de Galicia.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.