domingo, 10 de julio de 2016

Na clausura da "Escola de Verán Miguel Ángel Blanco"

Asisto hoxe á clausura da sexta "Escola de Verán Miguel Ángel Blanco", celebrada esta fin de semana na Casa da Cultura do Carballiño. Nela estivo presente o parlamentario vasco Carmelo Barrio, para quen a política nova da que fai gala o PP tense que construír sobre o recordo ao concelleiro de Ermua asasinado hai agora dezanove anos.

A cita desta fin de semana, sinalou Manuel Baltar, é unha demostración máis do traballo que realiza o PP de Ourense, “no que xa estamos a pensar en clave autonómica de cara ás eleccións de outono, nas que loitaremos por unha terceira maioría absoluta de Alberto Núñez”. 

Non obstante, advertiu, “os resultados están ben para que non os creamos, por iso a miña é unha mensaxe de traballo e de proximidade aos cidadáns para recoller e incorporar ao noso programa as súas iniciativas positivas”.

Tras agradecer á participación dos relatores e maila asistencia de cargos e afiliados, Manuel Baltar lembrou a figura de Miguel Ángel Blanco, do que dixo “deixou unha pegada imborrable en todos os demócratas” e por iso a mellor homenaxe é esta escola de verán.

Política nova ou nova política:

A xornada comezou cunha mesa redonda sobre A política nova ou a nova política, na que con José Antonio Parente, presidente de Novas Xeracións, como moderador, contou coa presenza dos deputados polo Congreso Ana Belén Vázquez e Miguel Ángel Viso, e a deputada autonómica Jackeline Fernández.

Para Ana Belén Vázquez non existe unha nova política, senón que afrontamos “unha época de populismos e de partidos que están mirando sempre cara ao pasado”. Para a deputada popular, o que mudou foi o xeito de facer política, “centrándose na comunicación non verbal, que ocupa máis do 90 % da actividades destes novos partidos, onde o seu éxito inicial basouse na conduta e nos xestos, e non na palabra”. 

“Estamos ante unha nova política, pero só froito dos cambios sociais nos últimos anos”, dixo pola súa banda Jackeline Fernández, parlamentaria gallega, que se mostrou partidaria dunha política nova, “pero sobre a base dun acercamento real á cidadanía,  onde a receita é estar preto da xente, como demostrou o Partido Popular de Ourense e o traballo que se está a desenvolver dende a Deputación provincial”.

Entre tanto, o deputado Miguel Ángel Viso engadiu na súa intervención a figura do “novo político”, que asimilou á xestión da persoa dentro dun partido e, por extensión, nun goberno. Na nova política, para Viso, “a mensaxe non importa, só ten preferencia a linguaxe non verbal, pero os españoles viron que non había contido e de aí a perda de votos que sufriron nas pasadas eleccións”. Renovación de persoas, de proxectos e de instrumentos son, para o deputado, as bases da política nova.

Carmelo Barrio,  tivo palabras moi especiais de recordo para Miguel Ángel Blanco, “unha persoa implicada no seu pobo, no seu traballo e no partido e sobre o seu recordo temos que construír a política nova”.

O parlamentario vasco, que agradeceu a invitación a participar na actividade dun partido “que para os populares vascos é un exemplo de xestión”, criticou “os debates improdutivos, anecdóticos e fora de tempo das formacións que fan nova política, fronte á unha política nova do PP na que demostramos saber o que necesita a sociedade, interpretando o que queren os cidadáns, e asumindo erros”.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta