O desemprego acada a cifra máis baixa desde setembro de 2009

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de xuño de 2016.

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en Xuño en relación co mes anterior en 1.853 persoas, un espectacular -  7,41 % %. o maior dos descenos en toda Galicia.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xuño do ano pasado, 2.403 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,40 %. 

O numero de parados queda en 23.156 , deles 10.511 son homes e 12.645 mulleres, 21.892 son maiores de 25 anos e 1.264 menores.

Por sectores, 1.196 son da agricultura, 3.035 da industria, 2.622 da construción, 14.175 nos servizos e 2.128 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en xuño en 13.144 persoas con respecto a maio (un – 5,96 %)sendo a maior baixada intermensual nun mes de xuño de toda a serie histórica.

 O número de parados queda en 207.320, deles 94.188 son homes e 113.132 mulleres, 197.298 son maiores de 25 anos e 10.032 menores.

Por sectores, 7.793 son da agricultura, 24.960 da industria, 24.122 da construción, 133.093 nos servizos e 17.352 do colectivo sen emprego anterior.

Baixa nas catro provincias galegas,  nas sete grandes cidades e en todos os sectores, liderando o descenso a construción cun -15,3%, seguido da industria cun -14,6%.

En concreto, a provincia onde máis baixou foi  a de Ourense (-7,41%) seguida de Lugo (-7,21%), Pontevedra (-6,11%) e A Coruña (-5,08%).

Baixa tanto en homes como en mulleres e en todos os tramos de idade, destacando o descenso nos menores de 30 anos nun -15,6% con respecto a hai un ano.  É o tramo de idade onde máis descende o desemprego.

A nivel interanual os datos son moi positivos xa que 21.742  saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,49 %. 

España:

O número de parados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en xuño en 124.349 persoas en relación co mes anterior. Esta redución é a segunda maior de toda a serie histórica, superada unicamente pola do mes de xuño de 2013. Desta forma, a cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.767.054, a máis baixa desde setembro de 2009.

En termos desestacionalizados, o paro redúcese en 48.579 persoas no mes de xuño. É a maior redución de toda a serie nun mes de xuño. A variación mensual do paro desestacionalizado reduciuse en 37 dos últimos 38 meses.

Nos últimos 12 meses o paro diminuíu en 353.250 persoas. O ritmo interanual de redución do paro rexistrado situouse en xuño en 8,57%, o mellor dato desde o ano 1.999.

O paro entre os mozos menores de 25 anos redúcese en xuño en 24.522 persoas (-7,55%) respecto ao mes anterior.

O paro rexistrado baixa en todas as comunidades autónomas, entre as que destacan Cataluña (-20.145), Andalucía (-19.251) e Galicia (-13.144).

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro redúcese en Servizos en 84.160 persoas, en Construción en 14.545 e en Industria en 13.614 persoas. Pola contra aumenta en Agricultura e Pesca en 410 persoas. Entre o colectivo de persoas Sen Emprego Anterior o paro diminuíu en 11.840.

A contratación indefinida aumenta un 17%

O número de contratos rexistrados durante o mes de xuño foi de 1.920.340, o maior número de contratacións de toda a serie histórica. Supón un aumento do 11,3% respecto de xuño 2015.

En xuño rexistráronse 148.395 contratos de traballo de carácter indefinido, o que representa un incremento do 17% sobre igual mes do ano anterior

A contratación indefinida a tempo completo crece interanualmente un 17,3%, sendo un mes máis a modalidade que máis aumenta.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.