Galicia é pioneira na utilización da compra pública innovadora como ferramenta de competitividade

Onte tivo lugar a primeira edición do Foro sobre Compra Pública Innovadora no sector da auga, celebrada na sede da Axencia Galega de Innovación (Gain) en Santiago.
Neste acto o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacaba que as administracións deben servir de “panca de cambio” para encontrar solucións innovadoras no tecido industrial nos principais sectores, entre os que citou o ciclo integral da auga. Neste senso, indicou que Galicia aposta pola utilización da compra pública innovadora para “mellorar a competitividade” das industrias da comunidade.
A compra pública innovadora (CPI) é unha actuación administrativa de fomento da innovación orientada a potenciar o desenvolvemento de novos mercados innovadores desde o lado da demanda, a través do instrumento da contratación pública. Persegue os seguintes obxectivos:
- A mellora dos servizos públicos mediante a incorporación de bens ou servizos innovadores
- O fomento da innovación empresarial
- O impulso á internacionalización da innovación empregando o mercado público local como cliente de lanzamento ou referencia.
A compra pública permite ás administracións acadar os fondos necesarios que serven de garantía para a consecución das solucións innovadoras que se propoñen; pero tamén supón unha vantaxe para as empresas, xa que se estimula o investimento desde o propio mercado. O conselleiro afirmou que Galicia xoga un papel pioneiro neste eido, converténdose nun referente para o Ministerio de Economía e Competitividade, con 112 millóns mobilizados en Galicia en 5 proxectos en eidos como o sector sanitario, a universidade ou as novas tecnoloxías.
A Xunta segue adiante nesta aposta pola compra pública innovadora e, nesta segunda fase, ata finais da década, xa ten posto en marcha o programa Código 100, centrado no eido sanitario e do benestar, cun orzamento de 14 millóns de euros; e está traballando en novos convenios en materia aeronáutica, de mobilidade sostible e desenvolvemento de fármacos.

O proxecto "Código 100" forma parte do programa FID SAÚDE (Fomento da Innovación desde a demanda en saúde) no que colabora o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e igualdade como coordinador e evaluador, e que involucra á totalidade dos servizos públicos sociosanitarios co obxectivo de mellorar os servizos públicos a través do emprego da Compra Pública Innovadora cofinanciada pola Secretaría de Estado de I+D+i do Ministerio de Economía e Competitividade.
Sector da agua:

Conde aproveitou a súa participación neste Foro para avogar polo traballo en equipo para buscar melloras no ciclo integral da agua. Así, subliñou a importancia de centrarse en tres eidos de cara o futuro: eficiencia enerxética e consumo das depuradoras; impacto nos sectores produtivos, como o agroalimentario e o primario, tendo en conta a valorización dos residuos; e aportar solucións innovadoras para que o ciclo integral da auga sexa “máis eficiente”.
Unha das grandes iniciativas que se están a levar a cabo neste senso é a Unidade Mixta CITAG, constituida pola empresa Viaqua e o organismo de investigación Cetaqua e no que colabora a Axencia Galega de Innovación (Gain). Cunha inversión de 2,3 millóns de euros, este proxecto busca a redución da contaminación das augas galegas ao tempo que protexe e explota de maneira sostible os recursos hídricos da comunidade.
Nas dúas primeiras edicións, entre 2014 e 2015, puxéronse en marcha 19 unidades mixtas de investigación en sectores estratéxicos para o tecido industrial galego, como a automoción, o naval ou a enerxía; xeráronse investimentos por valor de 70 millóns; e creáronse 270 postos de traballo.
O éxito das Unidades Mixtas levou á Xunta a aprobar a convocatoria da terceira edición, para as que este ano conta cun orzamento público de 5 millóns de euros, o que permitirá xerar investimentos por valor de 17 millóns e 90 novos empregos cualificados. Deste xeito, segundo destacou o conselleiro, a Xunta espera acadar as 25 Unidades Mixtas, cun investimento final público-privado de 87 millóns e a creación de 360 empregos cualificados.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.