martes, 21 de junio de 2016

Proclamando unha vez máis á prioridade da Autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada

Estivemos hoxe ao carón da estrada N-120, na zona fronteiriza entre a comarca galega de Valdeorras e a do Bierzo, no Puente de Domingo Flórez (León), para celebrar un acto en defensa e apoio da autovía A-76 Ourense-Ponferrada.

Nel participaron os secretarios xerais do partido en Galicia e Castela e León, Miguel Tellado e Alfonso Fernández, respectivamente; así como candidatos populares ao Congreso e Senado nas vindeiras eleccións xerais por Ourense (Miri Barreira) e por León (Eduardo Fernandez, Carmen González, Luis Aznar, Alfonso Muñoz y Alfonso Rodriguez)

Salientar a presencia da alcaldesa de Ponferrada Gloria Merayo e tamén do parlamentario autonómico galego, o barquense Moisés Blanco. Tamén estiveron varios alcaldes da comarca do Bierzo e voceiros municpais da comarca de Valdeorras, como Arsenio Moldes (O Barco), Avelino García (A Rúa) e María Jesús Candal (Vilamartín).

Miguel Tellado salientóu a únión do PP de Galicia e do PP de León nunha mesma reivindicación: que non se pare a A-76, e dixo que “Nós cremos que este é un proxecto fundamental para as dúas comarcas, para as dúas comunidades, e se se produce un cambio de goberno a partir das eleccións do próximo domingo este proxecto corre risco de ser paralizado”.

Pola súa parte o secretario xeral do PP de Castilla-León Alfonso Fernández Mañueco, afirmóu que cun goberno do PP este proxecto seguirá avanzando porque é perfectamente compatible a defensa do medio ambiente e do patrimonio artístico co desenvolvemento das infraestruturas, que é algo que sempre xera oportunidades e emprego, o que nestes momentos consideramos ademais que é fundamental.

Pola miña parte lembrei que levamos moitos anos pelexando por esta autovía, tanto o PP  como a sociedade civil e que non era un proxecto partidario senon un proxecto que debería ser compartido por todos.

Informei sobre o estado de tramitación de dous proxectos en redacción (Villamartín de la Abadía-Requejo de 6,7 km e de A Veiga de Cascallá-O Barco de 8,4 km), que serán rematados en 2016. E lembrei que o raiano proxecto entre Requejo e  A Veiga de Cascallá /10,7 km) será adxudicado en próximas datas, xa que o 9 de xullo se abrirán as ofertas económicas dentro do proceso de licitación en curso.

Dixen que polo tanto temos unha autovía entre O Barco de Valdeorras e Ponferrada en fase moi avanzada en canto á súa tramitación, co cal, se hai gobernos que estean empeñados en dedicar recursos presupuestarios a esta actuación e a seguila considerando prioritaria, poderase facer

Pero lembrei que existe procupación xa que o pasado 13 de abril no Congreso dos Deputados, defendín una iniciativa sobre esta autovía, na que pedíamos que a A-76 siguera sendo prioritaria e que se continuase apoiando orzamentaria e administrativamente, pero atopámonos cunha moi desagradable sorpresa. A iniciativa finalmente saíu adiante, pero foi votada en contra por Podemos- En Marea, e os seus argumentos foron que non a necesitamos porque é suficiente con que levemente retoquemos a infraestrutura actual da N-120, que non hai intensidade suficiente de tráfico que a xustifique, e que non se debe gastar diñeiro nesta obra cando no país hai outras necesidades. E logo engadiron que medioambientalmente habería problemas na Serra de Enciña da Lastra e na Ribeira Sacra.

Dixen que todas estas argumentacións caen polo seu propio peso, posto que calqueira que circule pola actual estrada nacional 120 comproba que éstá claramente superdada e no oferta o estándares de calidade necesarios para o presente século. E que os problemas medioambientais da serra da Enciña da lastra, foron solventadas cunha exixente DIA.

Rematei diciendo que este é un proxecto de todos e por iso buscaremos consensos e apoios con todos os grupos para sacala adiante, pero unha ameaza nova cérnese, que tralas eleccións Podemos entre no goberno e paralice esta autovía.

Finalmente o cabeza de lista ao Congreso dos Deputados por León, Eduardo Fernández, sinalou que os populares están a favor de tender pontes.

"Neste caso, con maior motivo, pois estamos a falar de dous territorios unidos pola historia, e a nosa reivindicación conxunta desta infraestrutura susténtase, non só nos intereses comúns entre os habitantes de ambas as comarcas, senón na unión entre persoas e territorios sentidos como iguais, como son o Bierzo e Valdeorras, León e Ourense ou Castela e León e Galicia", recalcou.

Dixo que a autovía Ponferrada-Ourense (A-76), é un claro exemplo da sintonía que existe entre provincias e comunidades. "Fronte ás escusas dos gobernos socialistas, ou a actual oposición á execución desta infraestrutura manifestada unha e outra vez por Unidos Podemos, o PP empezou a traballar na A-76 nada máis comezar a lexislatura, desenvolvendo os trámites pertinentes para conseguir a avaliación positiva ambiental no verán de 2013 e así poder comezar o 2014 "coa tramitación das licitacións dos proxectos". Resaltou neste sentido o compromiso da ministra de Fomento Ana Pastor.

Así recolleron os medios esta noticia: