jueves, 23 de junio de 2016

De campaña no ourensán barrio de O Couto

A miña participación onte na campaña electoral  centrouse no barrio de O Couto, que percorremos saudando aos veciños e comerciantes da zona. 

Finalizamos cun mitin no local da asociación de veciños, intervindo o  concelleiro Aurelio Gómez Villar e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Na miña intervención sinalei que se se quere apostar por un futuro en España cun Goberno que sirva para crecer, para crear emprego, para axudar á economía e para garantir a nosa sociedade do benestar, o voto moderado debe concentrarse en torno ao partido que pode facelo, que é o PP.

Incidín nun voto responsable que aposte por un Goberno que garanta estabilidade, futuro e seguridade para todos os españois e que tamén defenda cuestións tan importantes como a unidade e a diversidade de España.

Insistín na importancia de continuar coas políticas que fomenten o crecemento e a creación de emprego. E que para iso temos que axudar aos nosos empresarios e empresas a manter e crear postos de traballo xerará riqueza para todo o mundo.

Destaquei o valor dos empresarios pequenos e medianos que nestes anos moi duros mantiveron postos de traballo e que se animaron a contratar nos últimos tempos.

Finalmente destaquei o valor da cooperación entre administracións para garantir o bo servizo aos cidadáns e puxen como exemplo ao concello de Ourennse.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta