Alfonso Alonso: "Non son as eleccións do sorpasso, so as eleccións da sorpresa que vai dar o PP"

Recibimos hoxe en Ourense a visita do ministro en funcións de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e presidente do Partido Popular vasco, Alfonso Alonso, nunha reunión da xunta directiva do PP de Ourense, onde estivo acompañado polo presidente provincial, Manuel Baltar, e os candidatos ao Congreso e ao Senado.

Alonso advertiu que “as mareas de Podemos tamén queren levar a Galicia á confrontación, a desunión e a autodeterminación”, polo que pediu aos electores que  pensen no país que queren e presérveno dos riscos do populismo e o radicalismo.

Afirmou que “nós non somos o partido dos indecisos, senón da determinación e a garantía”, á vez que defendeu ao PP como a forza da convivencia fronte ao sectarismo.

“Non podemos facer descarrilar agora ao país, sobre todo despois do conseguido nuns momentos moi difíciles e que pode vir abaixo”, engadiu, polo que reclamou un esforzo para animar aos electores para acudir o domingo ás urnas “e non desperdiciar o voto, permitindo que se axiten a augas do resentimento”.

Alfonso Alonso, que na quenda de preguntas fixo unha defensa sen paliativos das Deputacións, lanzou unha clara mensaxe aos membros da xunta directiva ao afirmar que “estas non van ser as eleccións do sorpasso, senón da sorpresa”, polo que pediu que se busque ata o último voto “para un partido, o PP, que non nos falla”.


Tralo remate da reunión coa xunta directiva, o ministro en funcións fixo un percorrido pola rúa do Paseo, achegándose ara a carpa que temos instalada nesta céntrica rúa da cidade.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.