lunes, 27 de junio de 2016

O partido Popular gaña limpa e claramente as eleccións


O Partido Popular, liderado por Mariano Rajoy  é o claro gañador deste comicios, obtendo no conxunto do Estado o respaldo de 7.906.185, o 33,03 % dos votantes, e acada 137 actas de deputados.

O seguinte partido, o PSOE obtén o voto de 5.424.709 electores, o 22,66 % e 85 actas. 

Podemos-IU-Equo e confluencias, acada 71 actas. E C´s, 32-

GALICIA

Gañou o PPdeG acadando o 41,49 % dos votos, 643.827 apoios, e obtendo doce actas de deputados. Son 34.204 votos máis respecto a decembro nunhas eleccións nas que votaron 82.000 persoas menos que hai seis meses.

Medramos en porcentaxe de votos (4,37 puntos) e en número de escanos (2 máis) respecto a decembro de 2015.

Medra a nosa vantaxe sobre os nosos adversarios:

- Co 41,49 % dos votos, temos 19,2 puntos máis que PSOE, 19,3 puntos máis que Marea, e 32,9 puntos máis que Ciudadanos.

- Aumentamos levemente o diferencial co PP no conxunto do Estado: en Galicia medramos un 4,37% polo 4,32 da media do partido a nivel estatal. A diferenza é agora de 8,5 puntos (33,03% PP, 41,5 PPdeG)

- Medramos en todas as provincias e en todas as cidades. O voto urbano sube un 4,24%, e polo tantos en termos moi similares aos que experimentamos a nivel global.

Os partidos á esquerda (En Marea) e dereita (Cs) do PSdeG perden un deputado cada un. Sen embargo, os socialistas non son quén de lograr ningún deles. Ambos son para o PPdeG.

As dúas cidades onde máis baixa En Marea son aquelas nas que goberna: A Coruña (-4,64%) e Santiago (-3,77%). Perde máis de tres puntos en todas as demais.

A situación do PSdeG en Lugo faille retroceder outro 0,23%.

Galicia é una das seis comunidades autónomas onde Cs non ten representación. O espazo ideolóxico que ocupa noutras autonomías en Galicia o representa o PPdeG.

O PPdeG sube os mesmos dous deputados que o partido en Madrid, Andalucía, Comunidade Valenciana e Castela A Mancha, pese a que proporcionalmente era máis difícil (por haber menos deputados en xogo salvo en Castela A Mancha, sen espazo nacionalista de por medio).

OURENSE

Contundente victoria do PP de Ourense que acada 91.007  votos, o 49,63 %, e acadamos tres actas de deputados e tres de senadores.

 Resultado que ten mérito pola elevada participación na provincia, o 69,82 %, máis que a media de España e de Galicia, o que lexitima con máis forza os resultados.

Aínda se podería aumentar este dato cos votos válidos dos 3.952 emigrantes que exerceron o seu dereito. Uns resultados, engadiu, que contribuíron a lograr 14 novos escanos en toda España e ampliar o número no Senado.

Gañamos en 87 dos 92 concellos. Na capital da provincia, o PP acada  32.120 votos, o 40,61 % (4,84 puntos máis que en decembro de 2015) , o PSOE, 14.661, o 25,68 % e Podemos- En Marea-Anova-EU 12.496 votos, o 21,04 %. Cidadans obtén 5.504 votos, o 9,27 %

Todas estas cifras tradúcense, no 49,63 % de apoio electoral, un 11,36 % máis que na capital do Estado, 16,6 % máis que a media nacional e un 8,14 % máis que a galega.

O PSOE obtén, 42.878 votos (23,38 %), mentres que en decembro tivera 44.726 (23,18%).

Podemos- En Marea-Anova-EU retrocede ata os 28.703 votos (15,65 %), desde os 34.357 (17,81 %) que lograra no mes de decembro de 2015, polo que David Bruzos non revalida escano.

Cidadáns sofre un retroceso, con 12.950 votos (7,06%), fronte ás 15.174 (7,86%) da anterior convocatoria.

O BNG quedou en quinta posición ao Congreso, con 4.055 votos (2,21%), en contraste coas 6.455 que obtivo en decembro (3,35%).

Por tanto, renovamos o acta de deputados os populares Miguel Ángel Viso Diéguez e Celso Delgado Arce, aos que se suma Ana Belén Vázquez Blanco e Rocío de Frutos Madrazo, polo PSOE.

No que respecta ao Senado, o PP mantén os seus tres escanos, correspondentes a Edelmira Barreira Diz, María del Carmen Leyte Coello e Francisco José Fernández Pérez, con 82.677, 81.899 e 81.399 votos, respectivamente. O PSOE revalida o de Luís García Mañá, con 40.480 votos (24,01%).