Pechando a campaña electoral no barrio de A Ponte

Onte ás 20,30 horas terminaba a nosa campaña electoral, cun mitin no barrio de A Ponte, nun local da asociación de veciños que presentaba un importante cheo.

Presentou o acto o presidente do Distrito, José Araujo, dando paso á conselleira de infraestruturas da Xunta, Ethel Vázquez.

Logo foi a quenda do noso alcalde Jesús Vázquez que reflexionou sobre a importancia da cita electoral do domingo e a necesidade de responsabilizarse á hora de emitir o voto, á vez que repasou os principais logros do seu primeiro ano de xestión.

Puso en valor o respeto as reglas de democracia e convivencia como base de todo o demáis e censurou a intolerancia dos que utilizan o insulto e a vioolencia, destacando que nunca encontraran ese tipo de resposta en nos.

Comecei a miña intervención dando as grazas a todas as persoas que traballaron na nosa campaña, ao noso técnico de son, aos que ensobraron, repartiron papeletas, aos interventores e apoderados, ás persoas que nos acompañaron polas rúas e na carpa, ao persoal da sede, e moi especialmente aos mozos do noso partido que se entregaron con gran interese a propagar as nosas mensaxes. En xeral a tantos simpatizantes e militantes que estiveron ao noso carón.

Falei logo do acontecido desde as pasadas eleccións de decembro ata o día de hoxe. Rajoy desde o primeiro momento ofertou unha gran coalición cos partidos moderados en torno aos principios básicos compartidos para evitar os radicalismos e recibiu do PSOE  un rotundo "non" a falar, algo antidempocrático e irresponsable. E lamentei a actitude do líder de Cidadáns que despois de afirmar en campaña con rotundidade que nunca apoiaría a un líder que non houbera gañado ás eleccións, mudou rápidamente de idea e apoiou a Sánchez, que obtivera o peor resultado da historia dos socialistas.

Dixen que agora é o momento de reaccionar con cabeza e apostar claramente pola opción útil e que non nos pode pasar que xente do PP que queira defender o futuro do seu país queden nas súas casas sen votar.  Necesitamos a todo o voto moderado que hai detrás do partido, que ten o ideario moderado, que sabe o que hai que facer e que sabe estar sempre á altura das circunstancias.

Afirmei que aínda temos moito por facer, por iso queremos gobernar, porque sabemos que temos un gran país un país que ten que ter un gran futuro. A favor de España e os españois, garantindo a sociedade de benestar e defendendo a soberanía nacional. 

Destaquei o valor da cooperación entre administracións e os moitos retos que temos por diante para impulsar os proxectos para Ourense e Galicia. Dixen que nada está garantido, se non seguimos traballando e crecendo económicamente, porque só se pode repartir cando se ten, e todo o demais son enganos e quimeras.

Lembrei que necesitamos un presidente con fortaleza, que saiba o que é gobernar un país, e máis nun momento como o que temos agora en Europa, e que mire sempre polo interese de España antes que polo seu propio interese e o do seu partido. E esa persoa é Mariano Rajoy.

Remata a campaña do PP de Ourense. O domingo falan os electores.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.