lunes, 27 de junio de 2016

Rayoy: "Os cidadáns volvéronnos a dicir o que xa nos dixeron en decembro: dialoguen, falen e pacten, e o PP segue disposto a dialogar, a falar e a pactar"

En rolda de prensa tras o Comité Executivo Nacional celebrado hoxe opresidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, lembrou que "durante a campaña electoral pedín o voto a todos os españois moderados e hoxe ofrézolle a miña man aos partidos moderados para que todos fagamos xuntos o que nos están pedindo os españois. A miña man estivo tendida durante todo este tempo, e despois dunhas eleccións, que eu desde logo non busquei, pero nas que obtivemos máis votos e máis escanos, a miña man segue estando tendida para formar ese Goberno que garanta a estabilidade que España necesita".

Rajoy valorou que "os votantes avalasen cos seus apoios a estratexia que desenvolveu o partido despois do 20 de decembro, que foi acatar o mandato das urnas, admitir a necesidade de pactos para formar Goberno, ofrecer ao PSOE e a Cidadáns unha gran coalición, e fuxir da teatralización da política que contemplamos nos últimos meses"

Destacou que "do mesmo xeito que sucedía no mes de decembro, aínda que cuns resultados distintos, estamos ante un escenario político fragmentado no que son necesarias alianzas e pactos, pero non hai que esquecer que o resultado dos comicios mostra unha ampla maioría de votos que apoia a forzas políticas que comparten uns principios comúns: a defensa da unidade de España, da soberanía nacional e da igualdade dos españois; a aposta pola recuperación económica e a creación de emprego; a aposta por unha sociedade aberta e plural; o consenso na loita contra o terrorismo; e compartimos uns principios sobre a nosa posición en Europa e no mundo".

"A partir de aí os cidadáns volvéronnos a dicir o que xa nos dixeron en decembro: dialoguen, falen e pacten, e o PP segue disposto a dialogar, a falar e a pactar", afirmou.

Rajoy sinalou que "España necesita xa un Goberno con serio apoio parlamentario, capaz de xerar confianza fose e dentro de España, capaz de acometer as reformas que aínda se necesitan e capaz de achegar estabilidade ao conxunto de Europa".

Subliñou que "o PP está ao servizo dos españois e disposto a formar Goberno porque gañou as eleccións e con claridade. Espero, por parte de todos, xenerosidade e altura de miras. Sería fundamental ter un Goberno a finais de xullo, ou o máis tarde a principios de agosto, porque os retos que temos por diante son moi importantes".

Rajoy explicou que as prioridades que defenderá nas negociacións serán "manter e mellorar a recuperación económica e a creación de emprego; afianzar a sustentabilidade e a capacidade do noso Estado de benestar e revisar o modelo de financiamento autonómico; as políticas sociais: necesitamos pensións sustentables, unha sanidade moderna e capaz de responder ás novas necesidades e concentrar os recursos e mellorar a resposta dos servizos públicos para atender a aquelas persoas máis vulnerables; seguir mellorando a calidade da educación; o fortalecemento institucional e a defensa da unidade de España e da igualdade do pobo español".

"España ten moitos retos por diante e é a obrigación do Goberno que se constitúa afrontalos da maneira que sexa mellor para os intereses xerais dos españois", engadiu.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta