viernes, 24 de junio de 2016

De campaña no Ribeiro e Ourense

Onte tivemos en Ourense á ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, en concreto  visitóu á Cooperativa do Ribeiro, sendo recibido pola vicepresidenta Concepción Iglesias, e o director técnico da adega, José González.

A ministra fixo un percorrido polas instalacións, no que se lle explicou as diferentes fases polas que pasa a uva ata a elaboración do viño

Estiveron presentes o presidente provincial, Manuel Baltar, os candidatos Miguel Ángel Viso, Celso Delgado, Miri Barreira e Francisco José Fernández, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o voceiro do PP en Ribadavia, Cesar Fernández.

Maís tarde tivemos o mitin central no pavillón dos Remedios da capital que presentaba unha notable asistencia de público.

Manuel Baltar,  salientóu que o próximo domingo non pode haber dúbidas sobre o modelo de goberno que os cidadáns precisan para España e que ten o seu espello “na maioría absoluta e a estabilidade da que gozamos na Deputación e na Xunta de Galicia”.

E pediu o “voto da confianza” para o Partido Popular. Unha confianza, dixo, “que nos permita desenvolver con garantías o noso proxecto político, centrista, reformista e galeguista”.

Miguel Ángel Viso, o cabeza de lista ao Congreso, defendeu a credibilidade do programa popular, que fixo o que non están a facer os outros partidos: “escoitar á xente, comprender que non hai outra preocupación maior que a falta de emprego e deseñar un proxecto de goberno e de país que xira en torno á creación de traballo e non de máis impostos para pagar as pensións, como ameazan os socialistas”.

Miri Barreira pediu aos ourensáns que na xornada de reflexión valoren feitos e non propostas enganosas como as de Podemos, “que carecen de toda experiencia e debuxan un país de ficción que podería acabar en pesadelo”.  Por iso, engadiu, “todos aqueles que desexen un país de convicencia, cun goberno en positivo, con Diputacións que axuden aos pequenos concellos, con concellos pequenos que axuden aos seus veciños, e una España unida e diversa, teñen que votar o domingo ao PP”.


O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó, asegurou que temos que superar o bloqueo para que España continúe avanzando.

Segundo precisou, aínda queda moito traballo por facer, pero si é unha realidade que, despois de catro anos de mandato do PP, o país volve ser de fiar, respectable e crea máis emprego que calquera outro de Europa.

Por este motivo, asegurou que temos que ter unha garantía de goberno que se chama responsabilidade e compromiso, ao tempo que chamaba a desconfiar de calquera candidato sen experiencia en política. “Agora nos enfrontamos a un conxunto de políticos que queren desfacer a política e que queren dividir España en bandos”, engadíu.

Tamén salientou que debemos mobilizarnos a favor de Galicia e de España, da moderación, dun partido que non ten máis obxectivo que unir e solventar os problemas que ten o país.






E despois do mitín, puiden compartir con  Jesús Vazquez e outros amigos unhas boas sardiñas na Follateira e Velle, ao carón neste último lugar dunha fogueira de San Xoán.