Rajoy: "O rural ten futuro, e a obrigación é proverlle dos servizos públicos necesarios para que non sexa menos"

Esta mañá as actividades de campaña leváronnos á vila de Allariz, onde en compañía da nosa presidenta local e excelente concelleira Luz Doporto e outros militantes,  percorremos baixo unha intensa choiva a feira, o que nos deu ocasión de saudar a moitas persoas das diferentes parroquias e dos concellos limítrofes.

Veciños todos do medio rural e moitos deles dedicados a actividades agrícolas e gandeiras.

Precisamente esta mañá en Tudela, Navarra, o noso candidato á Presidencia do Goberno, Mariano Rajoy, reafirmou o seu apoio ao sector da agricultura, a industria agroalimentaria e o mundo rural, porque o PP "diríxese a todos os españois".

Rajoy reivindicou "o interese xeral", e a importancia e existencia das deputacións provinciais no mapa político español, pois "coidan ben dos recursos e non teñen déficit nin débeda".  "E hai ademais unha razón de fondo", detallou, " e é que atenden a todos os que viven no mundo rural, que teñen o mesmo dereito aos servizos públicos que quen vive nas zonas urbanas".

Resaltou  "a enorme" contribución do sector da agricultura, a industria agroalimentaria e o mundo rural ao sector exterior, onde rivaliza coa industria do automóbil e os produtos químicos por ocupar a segunda posición.

"Quero facerlle xustiza" ao campo, dixo Rajoy, porque tirou das exportacións,  e foi precisamente o sector exterior, que "leva catro anos en superávit", o que "axudounos a saír da crise" nun momento no que o consumo non existía ou existía pouco. "Sinto orgulloso diso", recalcou, porque "canto máis exportemos, mellor irá".

Rajoy, proclamou que, sen ningunha dúbida, "o campo ten futuro, e a nosa obrigación é proverlle dos servizos públicos necesarios para que non sexa nin máis, nin menos".


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.