De campaña no Casco Vello de Ourense

Onte pola tarde estivemos no Casco Vello de Ourense, explicando as nosas propostas aos viandantes e comerciantes.

E logo no local da Asociación de Veciños das Burgas, tivemos un mitin no que interveu Javier Rodríguez Nóvoa, Belén Gómez, Jesús Vázquez.

Na miña intervención dixen que en política, a inexperiencia é a nai do fracaso. Xestionar os asuntos de todos necesita a experiencia que só garante unha traxectoria pública solvente e contrastada, e moito máis en tempos de incerteza internacional. Coa tráxica crise hmanitaria dos refuxiados, a permanente secuela do terrorismo máis salvaxe, o Brexit ameazando a estabilidade europea, o noso continente necesita liderados probados nas máis difíciles circunstancias.

Dixen que gobernar non é fácil, todo o contrario e por iso o noso país non pode permitirse o luxo de que veñan experimentar co futuro de todos. Rajoy é un líder valorado e recoñecido internacionalmente, con experiencia na xestión pública desde hai décadas. Pola contra os líderes das tres restantes forzas xamais tiveron unha responsabilidade nun executivo sexa local, autonómico ou nacional.

Insistín no gran obxectivo nacional do Partido Popular, que non é outro que traballar para conseguier reducir o desemprego e seguir fomentando o crecemento económico. Non é o momento de deterse, aínda queda moito por facer, aínda hai moitas persoas que necesitan ver como a recuperación chega ás súas vidas. Para todas elas, Mariano Rajoy é a súa mellor garantía.

Falei da disposición do PP ao pacto, pero que para o suposto de que ao final non haxa un acordo para que alguén teña maioría, que se deixe gobernar a quen os españois lle dean máis votos. Creo que é o máis democrático. Espero que haxa goberno pronto. Non se pode estar nunha situación que vivimos, insistin.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.