De campaña en Xinzo de Limia e no barrio de San Francisco

Viaxamos onte pola mañá os candidatos do Partido Popular á vila de Xinzo de Limia.

Acompañados polo alcalde e concelleiros recorrimos as rúas, falarmos cos veciños e fixemos entrega das nosas propostas electorais. A localidade estaba moi concorrida xa que se celebraba feira.


Pola tarde acompañado por conceleliras e xóvenes militantes do partido percorremos as rúas do ourensán barrio de San Francisco detendonos a falar con comerciantes e veciños e ás 21,00 horas mantiven un encontro con empresarios e autónomos que teñen negocios abertos nesta zona.


Expliquei que o proxecto do PP baséase na creación de emprego, a garantía da sociedade do benestar, da educación e a sanidade pública, e a defensa da liberdade.


Lembrei que hoxe nos atopamos cunha situación mellor que a de fai catro anos, onde tiñamos unhas contas en quebra e un déficit galopante ao 9% e isto permite crer que, se fomos capaces de crecer e de crear medio millón de empregos ao ano durante os últimos dous anos, somos capaces de seguir crecendo, creando emprego e baixar os impostos, que é unha aposta fundamental do PP; impostos como o IRPF para incentivar o consumo, e como o de Sociedades.


Informeilles das propostas para pemes e autónomos do noso programa como a extensión da tarifa plana e que quen inicie un negocio pagarán só 50 € ao mes durante o primeiro ano.


Tamén doutras medidas para facilitar a dimensión óptima e a continuidade das nosas pemes, para lograr financiamento en todas as etapas do desenvolvemento empresarial, para reducir a morosidade e para facilitar a interacción entre  Administracións Públicas e pemes.

De moito interés foi escoitar as demandas destes empresarios, as súas suxerencias e por suposto tamén ás súas críticas.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.