miércoles, 29 de junio de 2016

O PP de Ourense avalía os resultados existoso das pasadas eleccións xerais

Asisto onte en Avión a reunión da xunta directiva provincial do Partido Popular de Ourense para facer análise dos resultados electorais obtidos o pasado domingo e nomear ao comité de campaña para as eleccións autonómicas de outono. Unha convocatoria que tivo como escenario o edificio multiusos do Concello de Avión, onde o PP acadóu a maior porcentaxe de apoio ao partido co 88,17 % dos votos. Un resultado espectacular.
O presidente provincial, Manuel Baltar, salientóu que esta reunión “ten como fin recoñecer os impresionantes resultados alcanzados neste concello, pero tamén poñer en valor o traballo desenvolvido polos outros 91 representantes locais do partido que fixeron unha gran campaña”.
O PP, engadiu, “é un partido por e para a provincia, que só traballa en positivo na construción de Ourense e cunha solidez clave no éxito electoral do domingo”. Neste sentido, Baltar lembrou que a provincia tiña un claro protagonismo no programa de intencións co que se presentou á presidencia do partido en marzo pasado, propostas das que citou en concreto a celebración de xuntanzas itinerantes dos órganos do partido polo territorio ourensán, sendo está a segunda das convocatorias que se realizan fora da sede logo da celebrada en Cea na estrea da xunta directiva elixida no congreso provincial.
Baltar non deixou pasar a ocasión de lanzar unha mensaxe de agradecemento aos case que 30.000 afiliados ourensáns ao Partido Popular, pero tamén aos 508 concelleiros que representan á formación por toda a provincia. “Se o domingo celebráramos eleccións municipais –dixo en alusión á extrapolación dos datos- tería que felicitar a preto de 600 concelleiros de 87 concellos e iso sí sería unha verdadeira demostración da fortaleza deste partido”.
Para o presidente provincial, o éxito do PP radica na capacidade de traballo das persoas que o integran e a súa continua actividade política, “características que nos diferencian doutros partidos, fatalistas e agoreiros, que aínda hoxe están a pensar nas causas do seu estrepitoso fracaso, procurando calquera tipo de xustificación agás facer unha profunda reflexión das súas mensaxes, baleiras de contido e co único propósito de derrotar a outro partido. E iso non é política”. 
Trala intervención do presidente, os membros do órgano de goberno popular tiveron ocasión de analizar os resultados do domingo a través dun completo informe no que se recollen todo tipo de datos e extrapolacións por concellos, xuntas electorais e institucións.  
Na orde do día da xunta directiva tamén figuraba a constitución do comité de campaña para as eleccións autonómicas de outono, del tal xeito que o Partido Popular de Ourense convértese na primeira formación popular de Galicia en formar este órgano electoral, encargado da organización e desenvolvemento.
Co Alcalde e os concelleiros de Avión
O comité, integrado por vinte e cinco persoas, non presenta variacións con respecto ao constituído para as eleccións do pasado domingo, xa que segundo afirmou Manuel Baltar “o equipo de campaña fixo un magnífico traballo que, non me cabe dúbida, repetirá para conseguir os mellores resultados nas autonómicas”.  
Presidido polo propio presidente provincial como responsable político, a coordinación e maila organización estarán de novo a cargo de Rosendo Fernández e Jorge Pumar, respectivamente.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta