Impuslo da Xunta ás concentracións parcelarias, a plantación de castiñeiros e a mellorar as oportunidades no sector primario

Destaco do Consello da Xunta celebrado onte o anuncio polo presidente, Alberto Núñez Feijóo, de que a Xunta destinará preto de 20 millóns de euros derivados dos recursos adicionais do cumprimento do déficit para, no rural, mellorar a base territorial das explotacións, contribuír a diversificar as oportunidades e responder a diversas necesidades conxunturais, así como, no eido da pesca, mellorar as infraestruturas portuarias.

Máis polo miúdo, Feijóo destacou que nos próximos meses se inxectará unha achega de 4,2 millóns de euros para pechar as concentracións xa moi avanzadas e para decretar novas zonas de reestruturación.
Nesta liña, levaranse a cabo varias obras que permitan poñer á disposición dos propietarios as fincas afectadas por distintos procesos de concentración parcelaria, e que facilitarán o acceso a fincas ou a mellora das comunicacións en máis de 36.000 hectáreas, beneficiando en total máis de 25.000 familias. “E, tamén decidimos iniciar os traballos en novas zonas de reestruturación parcelaria, actuando en máis de 8.700 hectáreas, que beneficiarán máis de 3.300 propietarios”, engadiu.

No eido das infraestruturas, o titular da Xunta precisou que a Administración autonómica destinará 4,5 millóns de euros para poñer a punto numerosas infraestruturas nun total de 25 concellos. E, co obxectivo de diversificar as posibilidades no agro, destinarase unha liña de 2,6 millóns de euros para plantar no rural galego preto dun millón de castiñeiros, en case 1.000 hectáreas e beneficiando case 700 familias.

En relación ao sector lácteo, o titular da Xunta avanzou a aprobación dunha liña de axudas directas aos titulares das explotacións que teñan dificultades financeiras derivadas da súa actividade. “Estamos a falar dunha achega de 3 millóns de euros para axudar a aquelas granxas que teñan dificultades derivadas dun préstamo vinculado á explotación: que tivera que ser refinanciado, que tivera ampliado o prazo de pago ou o período de carencia, que tivera unha resolución xudicial de execución de hipoteca e que tivera débedas con provedores”, explicou.
Co fin de minorar os danos de determinadas especies animais –especialmente o xabaril e o lobo- sobre os cultivos agrícolas, destinaranse ademais 2 millóns de euros a distintos labores de prevención e de axudas aos afectados.
E, no tocante ao sector pesqueiro, Feijóo adiantou que a Xunta destinará unha achega de 3 millóns de euros co obxectivo de acometer de xeito inmediato obras de mellora en pantaláns e de mellora da seguridade dos portos.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta




Con la tecnología de Blogger.